Manual: Prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas (2012)

Portada do libro

25/10/2012

Este manual foi froito do esforzo colaborativo de numerosos profesionais do ámbito das drogodependencias. Nace coa vocación de ser un manual de referencia e consulta obrigada para todos aqueles profesionais que desexen ter un coñecemento científico actualizado non exento do necesario debate no mundo das drogas e as súas repercusións na sociedade.

Esta obra vai dirixida principalmente aos profesionais da saúde e a educación que traballan en prevención e tratamento de drogodependencias e outras condutas aditivas e aos estudantes das ramas sociosanitaria e educativa que deben desenvolver competencias en distintos temas relacionados cos procesos preventivos de avaliación e intervención con persoas, maioritariamente novas, que van ter contacto, con toda seguridade, coas drogas, e a posibilidade de levar a cabo outras condutas con alto potencial de xerar adiccións.

Na obra, o lector atopará os fundamentos teóricos e prácticos da prevención eficaz baseada na evidencia, incluíndo as referencias directas aos programas preventivos, o que lle permitirá identificar rapidamente os procedementos máis eficaces e establecer a súa aplicabilidade nun breve período de tempo (da teoría á práctica profesional).

Os capítulos do libro, escritos por profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional, organízanse ao redor de tres bloques. Os contidos do primeiro bloque están relacionados coa redución da oferta, é dicir, que medidas tomáronse e deben ser tomadas fronte á oferta de drogas na rúa. O bloque segundo trata sobre as repercusións persoais, familiares e sociais que está a carrexar o consumo de drogas e/ou determinadas condutas aditivas. Por último, no bloque terceiro evidénciase que programas ou medidas preventivas mostraron ser eficaces para reducir a prevalencia e incidencia da drogodependencia e doutras condutas aditivas.

Coordinadores

- Manuel Isorna Folgar é doutor en Psicoloxía e máster en Drogodependencias pola Universidade de Santiago de Compostela.

- David Saavedra Piñeiro é diplomado en traballo social pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista universitario en Riscos Psicosociais en Mozos e Adolescentes pola Universidade Pablo Olavide de Sevilla e a Fundación de Axuda contra a Drogadicción.

Índice

Prólogo. 1. Os diñeiros da droga. 2. A lei da oferta e a demanda. 3. Repercusións e consecuencias do consumo do tabaco. 4. Consecuencias neurocognitivas do consumo de alcol. 5. Repercusións e consecuencias neurobiológicas do consumo de cannabis. 6. Repercusións e consecuencias neurobiológicas do consumo de opiáceos. 7. Repercusións e consecuencias neurobiológicas do consumo de cocaína e éxtase. 8. Deseño, planificación, xestión e coordinación dos programas de prevención de drogodependencias. 9. Estratexias de prevención. 10. Evidencia científica sobre a efectividade das estratexias de influencia ou informativas en relación coa prevención dos consumos de drogas. 11. Publicidade institucional e drogodependencias. 12. Prevención efectiva das drogodependencias na escola. 13. Evidencia científica dos programas de prevención do consumo de tabaco. 14. Estratexias eficaces en programas de prevención do consumo de alcol. 15. A evidencia científica na prevención do consumo de cannabis. 16. Evidencias na prevención familiar. 17. Das necesidades dos menores á intervención. 18. A prevención selectiva no ámbito educativo e as boas prácticas. 19. Programas de prevención de trastornos da conduta alimentaria baseados en probas (evidence). 20. As evidencias científicas no ámbito do lecer e do tempo libre. 21. Programas de prevención das adiccións comportamentales baseados na evidencia. 22. A redución de danos. 23. A estratexia preventiva sobre adiccións no ámbito laboral. Bibliografía.

 

Fonte: As drogas info.