Reforma da Lei Orgánica de Saúde Sexual e Reprodutiva
21/12/2009
O Pleno do Congreso aprobou o pasado xoves 17 de novembro o proxecto de reforma da Lei Orgánica de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, que sitúa nos 16 anos a maioría de idade para decidir sobre a interrupción do embarazo e liberalízao ata as 14 semanas, con 184 votos a favor, 158 en contra e unha abstención. Xa se presentara sobre a mesma un anteproxecto no mes de maio deste mesmo ano.
No texto, modificado por sete partidos, destaca a emenda acordada entre o PSOE e o PNV para que as mozas de 16 e 17 anos teñan que informar ós seus pais/nais da súa decisión de abortar, excepto nos casos nos que poida suporlles "violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións ou malos tratos".
Regúlase ademais a obxección de conciencia dos médicos/as, nun intento de mellorar a calidade asistencial da práctica do aborto en todo o Sistema Nacional de Saúde.
A formación sexual formará parte da educación xeral dos/as escolares e os/as profesionais sanitarios estudarán na Universidade a interrupción voluntaria do embarazo.
A portavoz de Igualdade do PSOE, Carme Chea, declarou na súa intervención que "a libre maternidade para as mulleres" converteuse en "un dereito" e deixou de ser, con este proxecto de Lei, "un permiso supeditado á decisión de terceiros". "Lexislamos o dereito das mulleres a decidir sobre a súa maternidade", salientou Chea, quen lembrou que hoxe se cumpre unha "histórica" demanda das "mulleres feministas".
Comparación das leises:
Lei de 1985 | Lei de 2010 | |
---|---|---|
Indicacións | Constituía un delito despenalizado en tres supostos:
|
|
Sanidade | Menos do 3% dos abortos practicábanse en centros públicos. Algunhas comunidades, financian estes servizos noutros centros. | A Sanidade Pública si garantirá a práctica do aborto ou, polo menos, financiarao en centros privados concertados. |
Penalizacións |
|
|