INFORME SOBRE ADICCIÓNS COMPORTAMENTAIS

Adicciones comportamentales

25/04/2022

Dende o Plan Nacional Sobre Drogas estase dando resposta a necesidade de previr o mal uso e os problemas derivados do xogo con cartos, uso de videoxogos e uso compulsivo de internet. 

Así, a Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024 incorporou como un novo campo en tódalas liñas  de actuación as adiccións sen substancia ou comportamentais, con especial énfase no xogo de aposta (presencial ou online) e adiccións a través das novas tecnoloxías, que se concretan en accións específicas dentro dos seus plans de acción.

A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas (DGPNSD), coa colaboración das comunidades e cidades autónomas leva a cabo dúas enquisas nacionais periódicas:  A Enquisa sobre Alcohol e Drogas en España (EDADES) e a Enquisa sobre o Uso de Drogas nas Ensinanzas Secundarias en España (ESTUDES), que se realizan en anos alternos. ESTUDES comenzou no 1994 e EDADES no 1995, contando na actualidade para cada unha delas con resultados de catorce ediccións. Ambas enquisas permiten observar a evolución das prevalencias do consumo de alcohol, tabaco, hipnosedantes, analxésicos opioides e drogas psicoactivas de comercio ilegal, así como doutras conductas adictivas. Dende o 2014, inclúen unha serie de módulos en ambas enquisas para coñecer o alcance que o uso compulsivo de internet, xogo con diñeiro e, dende  o 2019, o posible trastorno por uso de videoxogos, teñen sobre a poboación xeral ou de estudantes, así como profundizar nas conductas relacionadas con estes comportamentos.

Realizouse un estudo descriptivo do xogo con diñeiro, o uso de videoxogos e o uso de internet a partires das respostas ás preguntas específicas incorporadas nas últimas edicións das enquisas ESTUDES e a EDADES, cuxos resultados teñen representatividade a nivel nacional. Estas preguntas introdúcense no ano 2014 de maneira exploratoria adaptandoas ó rendemento e a realidade de cada edición. No ano 2014 introdúcese por primeira vez na enquisa ESTUDES un módulo sobre uso de internet e outras conductas relacionadas (xogar con diñeiro). No 2016 continúase preguntando sobre o uso de internet e xogo con diñeiro, pero reducindo a extensión e modificando a formulación das preguntas e a súa ubicación no cuestionario, de maneira que ditas preguntas se incorporaron no apartado de actividades que se poden levar a cabo no tempo de lecer. Nese mesmo ano introducen outros módulos adicionais na enquisa, facendo necesario reducila extensión doutros apartados. 

A análise dos resultados das enquisas EDADES e ESTUDES a partires do 2014 confirman que o xogo con diñeiro, o uso de internet e os videoxogos son actividades amplamente extendidas na nosa sociedade. No ano 2020, un 64,2% da población de 15 a 64 anos xogou con diñeiro no último año (presencial, online ou ambos) mentres que, un 94,5% usou internet con fins lúdicos. No 2021, un 20,1% dos estudantes de 14 a 18 anos xogou con diñeiro no último ano (presencial, online ou ambos) e un 85,1% xogou con videoxogos.

Os xogos online preferidos polos estudantes seguen sendo os videoxogos, as apostas deportivas e os deportes electrónicos tanto en rapazas como rapaces. Respecto á cantidade maior de diñeiro gastada  nun só día en xogos online nos últimos 12 meses, o 2,8% indica que  gastou menos de 6 euros, e o 1,4% gastaron máis de 30 euros. 

Por outra banda, aproximadamente o 50% dos estudantes que xogaron con videoxogos no último ano fixéronno semanalmente. E a maioría dos estudantes que xogaron con videoxogos nos últimos 12 meses adican menos de 2 horas ó día en dita actividade. Entre o total dos estudantes de 14 a 18 anos, o 7,1% presentaría un posible trastorno por uso de videoxogos segundo a escala basada en criterios do DSM-V. A prevalencia dun posible xogo problemático, posible uso compulsivo de internet e uso de videoxogos nos estudantes de 14 a 18 anos poñen de relevo a importancia de intensificar as actividades de prevención dende diversos ámbitos.

FONTE: OEDA (Observatorio Español de las Drogas y Adicciones)