HAXIX E MARIHUANA: DÚAS CARAS DA MESMA MOEDA
06/08/2024
Tanto o haxix como a marihuna "maría" derivan da mesma planta, cannabis sativa, cannabis indica ou unha combinación de ambas. Sen embargo, os seus métodos de producción e composición química diferéncianse significativamente.
A marihuana obtense das flores, follas e tallos secos da planta do cannabis. Contén máis de cen compostos químicos coñecidos como cannabinoides, sendo o delta-9-tetrahidrocannabinol (THC) o principal responsable dos efectos psicoativos. Ademais a marihuana contén cannabidiol (CBD), outro cannabinioide que non produce efectos psicoactivos tan negativos e se asociou a diversos beneficios saudables, os cales teñen, polo de agora, pouca evidencia científíca contrastada que avale o seu emprego.
Por outra banda, o haxix elabórase mediante a extracción da resina da planta do cannabis, esta resina acumúlase sobre todo nas glándulas tricomas das flores. Este proceso de extracción produce unha substancia altamente concentrada en cannabinoides, especialmente THC (compoñente que xera o proceso da adicción).
Outra diferenza radica nos métodos ou formas de consumo; a marihuana soe consumirse fumada en cigarros, en pipas ou vaporizadores, ademais de incorporala nos alimentos (galletas, brownies). Por outra banda, o haxix soe fumarse mesturado co tabaco ou só e tamén desmenuzado para engadirlle marihuana e aumentar deste xeito os seus efectos psicoactivos.
Polo que respecta ós seus efectos, estes soen ser similares en moitos aspectos. Ambos poden producir sensacións de euforia, relaxación. alteracións do tempo e a percepción, así como aumento do apetito. Sen embargo, debido á maior concentracción do THC no haxix os efectos pódense experimentar de xeito máis rápido e pronunciado.
PODEN XERAR ADICCIÓN?
A resposta é clara, por suposto que poden crear adicción tanto o haxix como a marihuana. A substancia responsable da maioría dos efectos psicoactivos e da posible adicción é o THC, que se une ós receptores cannabinoides do SNC afectando de xeito directo en diversas funcións emocionais e cognitivas. A forma en que unha persoa consume o cannabis, a frecuencia e a cantidade, xunto con factores xenéticos e ambientais, poden influir na probabilidade de desenvolver unha dependencia.
FONTE: Infodrogas