FOBIAS E MEDOS: COMO INFLÚE NELAS O COVID
01/06/2021
Un dos efectos da crise socio sanitaria provocada polo COVID é o impacto que tivo e segue a ter sobre a saúde mental da poboación. Os cadros de ansiedade e depresión son os máis prevalentes xunto coas fobias que tamen experimentaron un aumento importante. De feito, unha de cada cinco persoas en España tivo sentimentos de desesperanza e tristeza durante moitos días neste ano da pandemia, e máis da metade senten cansancio extremo e pouca enerxía, según datos das últimas enquisas do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicados a principios de marzo; datos semellantes aos que presenta o Consello xeral da Psicoloxía de España, os cales poñen de manifesto que un de cada catro habitantes españois presentan síntomas relacionados coa depresión grave ou moderada.
COMO SABER QUE ESTAMOS ANTE UNHA FOBIA?
Estamos ante unha fobia cando produce unha interferencia no funcionamento das persoas nalgún dos ámbitos da súa vida, interferindo de xeito acusado na mesma. Neste caso concreto, un estímulo ou situación ( neste caso COVID) xera toda unha serie de emocións negativas como o medo chegando a ter un caracter desproporciionado e irracional. A consecuencia dese medo as persoas tenden a fuxir, mediante o escape ou evitación, para evitar as emocións negativas quie lle produce a situación.
Deste xeito, ainda que o medo asociado á fobia é disfuncional as persoas cren que ten sentido fuxir da situación, de feito na base das fobias atópase a emción básica do medo, a cal ten unha función adaptativa para a supervivencia, posto que permite detectar ameazas reais e movilizar ó organismo para defenderse. Pero neste caso, a reacción de defensa que poñen en marcha as persoas que padecen unha fobia mantense no tempo de xeito intenso e desproporcionado, provocando alteracións no desempeño normal da súa actividade diaria, xa que esa situación provoca un estado de activación da amígdala e un posterior estado de sobreexcitación da mesma.
Como con outros trastornos psicolóxicos as fobias, se non son tratadas, poden chegar a cronificarse pero cunha intervención psicoterapéutica axeitada poden superarse. A situación acutal da pandemia, tanto polo problema de saúde pública que supoñen as restriccións de movimento como os confinamentos, supuso un aumento considerable de trastornos mentais, entre os que destacan as depresións e a ansiedade (Organización Mundial da Saúde, 2020).
Deste xeito, ademais da fobia social outros tipos de fobias que poden desenvolverse como consecuencia da pandemia son o medo á enfermidade, a morte, a ser tocado/a, a suciedade, sair á rúa. Deste xeito, a nova normalidade pode cambiar a forma de relacionarse e reducila cantidade de exposicións a obxectos ou situacións ás que pode enfrontarse unha persoa, o que pode levar a cronificar certas fobias xa instauradas ou desencadear outras novas.
FONTE: Univeridade Internacional de Valencia.