FALEMOS DE DROGAS, A INFORMACIÓN SALVA VIDAS
25/06/2021
Como tódolos anos, dende o 1987, conmemórase o Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e Abuso de drogas. Neste 26 de xuño; o obxectivo é crear unha conciencia sobre o problema que representan para a sociedade as drogas ilícitas. Elixindo para a ocasión o lema seguinte " Hablemos de Drogas: la información salva vidas", combatindo deste xeito a desinformación posto que é fundamental coñecer os riscos que ten para a saúde buscar tódalas solucións posibles para abordar este problema mundial das drogas; dende a prevención, o tratamento e unha atención integral fundamentadas nas probas e o coidado das persoas con adicción ás drogas.
Ademais, a campaña nesta ocasión quere amosar os datos clave que proveñen do Informe Mundial sobre as Drogas da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito ( UNODC). Deste xeito, con feitos baseados na ciencia e en solucións prácticas poderase ter unha visión clara e obxectiva deste problema de saúde mundial. O informe preséntase en seis folletos que ofrecen unha gran cantidade de información e unha análise para axudar á comunidade internacional a implementar recomendacións operativas sobre unha serie de compromisos asumidos polos Estados Membros.
Da lectura do Informe citado (o cal se pode consultar en wdr.unodc.org), pódense extraer, entre outras , as seguintes conclusións:
- O efecto da pandemia do COVID-19 nos mercados de droga descoñécese e é difícil de predecir, polo de agora, pero podería ter un gran alcance; posto que algúns productos víronse obrigados a buscar novas formas de fabricar outras formas de medicamentos. Ademais, trala crise económica do 2008, algunhas persoas usuarias comezan a buscar substancias sintéticas máis baratas, desprazándose os patróns de consumo habituais.
- O aumento de desemprego e falta de oportunidades fará que sexa máis probable que as persoas máis pobres e en situacións de exclusión social se involucren en patróns de consumo moi desfavorecidos, sufran trastornos por consumo e se adiquen a certas actividades ilícitas relacionadas cas drogas.
- Os mercados de drogas son cada vez máis complexos, as substancias de orixe vexetal como o cannabis, a cocaína e a heroína uníronse a centos de drogas sintéticas, moitas das cales non están sometidas á fiscalización internacional.
- Houbo un rápido aumento do uso non médico de medicamentos farmacéuticos.
Polo que respecta a outras cuestións de política de drogas, tema que se aborda en profundidade no sexto folleto do informe, considérase firmemente o feito de garantir a dispoñobilidade e o acceso a substancias controladas exclusivamente para fins médicos e cinetíficos, evitando deste xeito a súa desviación.
FONTE: UNODC