EXPOSICIÓN A PANTALLAS E SAÚDE MENTAL
18/04/2024
A exposición a pantallas ten repercusións directas na saúde física e mental, tal e como demostran diversos estudos. Este efecto é máis perigoso cando o seu uso é moi intensivo, correndo o riso de converterse nunha adicción.
En moitas ocasións, entender ou detectar os síntomas que definen un comportanento adictivo axudan á súa posterior abordaxe. Algúns deles son:
- Necesidade dun uso cada vez maior.
- Síndrome de abstinencia (ansiedade e malestar cando non se pode acceder ás pantallas).
- Uso excesivo que interfire en tódalas facetas da vida da persoa.
- Dificultades para deixala actividade que provoca a adicción, a pesares de ter consciencia dos seus efectos negativos.
- Modificación do estado de ánimo.
Os principais focos de adiccións en liña son: o sexo, compras, videoxogos, redes sociais, apostas e xogos de azar. Sendo este primeiro especialmente preocupante na actualidade, xa que hai evidencia científica de que este consumo de pornografía dende curtas idades, está condicionando toda unha serie de comportamentos afectivo- sexuais nocivos, posto que chegan a interiorizar como "normais" os modelos de acción que visionan nesa pornografía que consumen.
Noutra liña, especialistas detectan un síndrome frecuente denominado FOMO, (fear of missing out) "medo a perderse algo". Dito síndrome produce angustia ou preocupación ó ausentarse das redes e perderse a experiencia que outras persoas poidan estar desfrutando. Nestes trastornos cabe destacar como sintomatoloxía principal, depresión, ansiedade, insomnio e baixa calidade do sono; dando lugar a un deterioro do benestar físico e psicolóxico. Nesta liña, detéctase outro síndrome NOMOFOBIA (medo irracional a non dispoñer do móbil).
As análises dun estudo realizado en España amosaron que a medida que aumentan as horas de uso das pantallas entre menores de 15 anos, aumentan as probabilidades dun maior índice de masa corporal e de obesidade. De igual maneira, o feito de conectarse máis alá das doce da noite (21,6%) triplica as taxas tanto de uso problemático como riscos en liña. O Informe Social Media and Youth Mental Health 2023, indica que as persoas que pasan máis de 3 horas diarias nas redes sociais doblan o risco de ter problemas de saúde mental (sobre todo ansiedade e depresión).
Por outra banda, o Informe sobre Adiccións Comportamentais 2020 revela que, en España, o 11,3% das persoas entre 15 e 24 anos que empregan internet ten un risco elevado de estar empregando compulsivamente os servizos dixitais.
FONTE: Observatorio Nacional de Tecnología y Sociedad.