EU SON DO SEXO SEGURO
10/06/2024
Eu son do Sexo Seguro é a nova campaña de Sanidade para previr as infeccións de transmisión sexual entre a mocidade.
Según o último estudo do Centro Nacional de Epidemioloxía, máis do 20% dos novos diagnósticos de gonorrea corresponden a menores de 25 anos; no caso da clamidia, a porcentaxe supera o 37%. Estos datos poñen de manifesto a importancia de intensificar as campañas de prevención e concienciación dirixidas á poboación máis nova, así como facilitar o acceso ás probas de detección e tratamento das ITS.
Nesta campaña preténdese dar visibilidade a estas infeccións de transmisión sexual entre a poboación máis moza, fomentando a prevención, o autocoidado e a responsabilidade individual na súa propia saúde sexual e a das persoas coas que se relacionan, as accións desta campaña enmárcanse no Plan Estratéxico para a prevención e control do VIH e as ITS en España, 2021- 2030, un plan que incorpora, por vez primeira, a prevención combinada fronte o VIH e outras ITS. O obxectivo do Plan Estratéxico é impulsar e coordinar as accións para eliminar o VIH e as ITS como problemas de saúde pública no 2030, coa axuda da prevención, o diagnóstico precoz, o tratamento das infeccións, a atención á cronicidade e a mellora da calidade de vida, así como unha bordaxe do estigma e a discriminación asociada ó VIH e outras ITS.
O preservativo é o método de barreira máis eficaz para previr a transmisión das ITS, sen embargo, non se emprega o suficiente, de aí o aumento na incidencia destas enfemidades. O progresivo aumento da proporción de poboación nova con relacións sexuais a idades precoces (idade media para a primeira relación sexual é de 16,2 anos) indica que é importante poñer en marcha intervencións de educación sexual integral, de xeito que a xuventude teña ademais de información, actitudes e habilidades persoais para gozar dunha sexualidade saudable.
FONTE: Ministerio de Sanidade