Eu Quero Chuvaskeiro
24/11/2009
Dentro do programa “A Nosa Arma: a Información: Programa de Prevención de VIH-SIDA e outras ITS dende unha Perspectiva Comunitaria” que organizamos dende a Asociación Renacer (subvencionado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación) e dentro dos actos organizados con motivo do Día Mundial da SIDA, o próximo día 1 de Decembro, poñemos en marcha unha nova campaña: EU QUERO CHUVASKEIRO.
Esta consta de carteis informativos e de Portachuvaskeiros, que conteñen un preservativo e información de sobre o seu uso. Esta campaña iniciárase o próximo 28 de decembro nos locais de ocio nocturno da nosa localidade.
Partimos da premisa de que só a nosa responsabilidade individual pode frear o avance da enfermidade e que, para ser responsables é necesario estar informados/as. A SIDA xa non é un problema de uns poucos/as, concírnenos por igual, homes e mulleres de calquera raza, crenza, preparación ou clase social. É unha epidemia que avanza sobre o planeta. Só lograremos combater o VIH aceptando que este vive entre nós, falando diso e buscando á nosa única aliada na batalla contra esta epidemia: a información. Só desta maneira evitaremos que “iso” tamén nos pase a nós.
Posto que, son as prácticas sexuais as que están a determinar, principalmente, a transmisión do VIH e o futuro da epidemia reforzamos a cultura do sexo seguro; sendo o noso obxectivo a prevención, e a principal ferramenta, o preservativo.
Sabemos que a información por si soa non provoca cambios nos comportamentos preventivos, por iso, dentro das diferentes intervencións que realizamos dende a Asociación, incidimos no cambio de actitudes e intervirmos noutros factores que inflúen no comportamento, entre os que destacan a percepción do risco, os ideais románticos, a erotización do uso do preservativo, as habilidades de comunicación, a influencia do grupo de iguais,.... Sempre tendo en conta que as consecuencias máis inmediatas da conduta sexual son a satisfacción e gratificación, mentres que as consecuencias negativas, como unha Infección de Transmisión Sexual, danse a medio e a longo prazo. Á hora actuar as persoas prefiren arriscarse porque as perdas elevadas pero incertas son proporcionalmente menos aversivas que as perdas pequenas pero incertas.
Polo que, tentamos fomentar a adopción de condutas que contribuíran a demorar as sensacións pracenteiras ata o momento no que poidan satisfacerse sen perigo, axudando a encontrar satisfaccións igualmente pracenteiras, certas e inmediatas en comportamentos sexuais sen risco.
Calquera pode infectarse e a prevención depende do comportamento de cada un e cada unha.