“Valores sociais e drogas, 2010”: Fundación de Axuda contra a Drogadicción

Moza sentada

16/07/2010

Este estudo realizado pola FAD en colaboración coa Obra Social Caixa Madrid e a delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, ten como principal obxectivo analizar as escalas de valores da sociedade española de 15 a 64 anos, a base sobre a que se asintan os comportamentos e actitudes dos españois, e a súa evolución no últimos dez anos.

Segundo esta investigación na última década mantense basicamente a mesma escala de valores da sociedade española, o que fala da estabilidade do universo ético da cidadanía.

Con todo, tamén é certo que nos últimos dez anos aparece como tendencia evolutiva o que se podería chamar un certo proceso de “xuvenilización”. Son os valores atribuídos ós mozos/as, os que o tópico sinala como característicos destes, que ó tempo espéranse e son reprochados, os únicos que parecen aumentar en valoración no conxunto da poboación española. Referímonos a valores como “vivir sen pensar no mañá”, “arriscarse por cousas novas”,”ter moitos amigos/as” ou “dispor de moito tempo de lecer”.

En canto ó consumo de drogas destaca a “ambigüidade “ coa que se enfrontan os españois ó consumo de sustancias.

A maioría da poboación percibe as sustancias como bastante ou moi perigosas. Hai dúas maiorías claramente diferenciadas: quen recoñecen o perigo de sustancias culturalmente aceptadas (tabaco, alcohol e cannabis) que roldan o 65-70% da poboación, e os /as que ven perigo nas outras sustancias, máis estigmatizadas, superan claramente o 80% e alcanzan, para a heroína, o 99,2% da poboación enquisada.

En sentido contrario, quen ven pouco ou nada perigosas as sustancias son minoría, pero unha minoría que alcanza o 6,9% para o alcohol e o 9% para o cannabis. Por baixo do 1% quedan o resto de sustancias salvo no caso de tranquilizantes e hipnóticos en que chega ao 2,8%. Hai que destacar que o cannabis obtén unha consideración de produto con pouca ou ningún perigo por parte de case un de cada dez enquisados/as, unha minoría máis numerosa que a que fai a mesma atribución de escaso perigo ó alcohol.

As razóns para consumir drogas teñen que ver coa procura da diversión, nun contexto de consumo grupal definido en termos de moda e frecuentemente relacionado coa curiosidade e a procura de sensacións. Cada un destes motivos para o consumo é sinalado por máis do 40% dos enquisados/as (ós que habería que engadir outro 19,5%, que di que se consomen drogas simplemente “porque gustan”).

Tras este conxunto de motivos, aparece un grupo de suxeitos, un de cada tres, que salienta outro aspecto do consumo, vinculándoo cunha actitude de confrontación social: consumir por facer algo prohibido. Un terceiro tipo de motivos ten que ver co señalamiento dunhas situacións de dificultade, das que o consumo se supón que é unha vía de escape ou solución: sentirse inseguro/a, problemas familiares, dificultades laborais, necesidade de acougar os nervios ou vivencias de desaxuste social. Son respostas que sinalan, minoritariamente, entre o 6 e o 24% dos enquisados.

O número de españois que recoñece beber alcohol "habitualmente" (todos os días ou todos os fins de semana) creceu case un 15% (do 33,4% ao 47%) nos últimos dez anos, mentres o consumo habitual de cannabis practicamente duplicouse nese mesmo período, pasando do 4,3% da poboación en 1999 ao 7,5% rexistrado en 2009.

Neste sentido, e a pesar da significativa porcentaxe de consumidores/as habituais, os resultados sinalan que o 66,8% dos enquisados/as considera a alcohol "bastante ou moi perigoso", fronte ó 72% que pensa o mesmo do cannabis. En sentido contrario, quen ven pouco ou nada perigosas as sustancias supoñen unha minoría que alcanza o 6,9% para o alcohol e o 9% para o cannabis.

"Para reequilibrar ese risco -explica o director técnico da FAD, Eusebio Megías- os españois empezaron a recoñecer que as drogas si que serven para algo". En concreto, o 54,1% afirma que as consome para "divertirse e pasalo ben"; o 49,7% porque "está de moda e tómana os seus amigos"; o 44,4% por "curiosidade" e o 33,5% "polo gusto de facer algo prohibido".

 

FONTE: FAD