Nova edición da XVI Escola de Pais e Nais da Asociación Renacer
01/03/2010
A Asociación RENACER xa puxo en marcha XVI Escola de Pais e Nais a desenrolar ó longo deste ano. Aínda que nalgúns centros xa está en funcionamento é posible a implantación noutros que así o desexen, podendo comezala en calquera momento.
A XVI Escola de Pais e Nais é un espazo de información, formación e reflexión dirixido a pais e nais, sobre aspectos relacionados coas funcións parentais. Un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente a súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco,e contribuír a modificacións de condutas e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.
Os pais de nais poderán participar na presente edición de dúas formas:
- Continua: ó longo de varios meses, cun programa que xirará en torno á familia e posibles situacións problemáticas que poidan presentarse, desenrolo evolutivo, grupo e convivencia familiar, comunicación e desenvolvemento persoal, e a influencia dos medios de comunicación.
- Puntual: participando en obradoiros, cunha duración determinada, con contidos específicos a petición dos destinatarios/as: Habilidades de Comunicación, Educación a Saúde: sexualidade, trastornos alimentarios e prevención de drogodependencias e Resolución de Conflitos.
A metodoloxía está deseñada para poder ser adaptada e aplicada ó perfil dos/as participantes nos distintos grupos, promovendo estratexias de cambio cognitivo-condutual cunha metodoloxía grupal, dinámica, global, aberta e creativa para conseguir un clima axeitado que favoreza a comunicación e interacción entre os membros do grupo formativo.
Tanto o lugar de realización (pódese facer nos centros de ensino ou na sede da asociación) coma as datas de realización establecense ó formárense os grupos (cun mínimo de 12 persoas) en función da dispoñibilidade dos mesmos.
Para calquera cuestión non dubiden en poñerse en contacto connosco.