EFECTOS DOS ATRACÓNS POR ALCOHOL
08/03/2022
O alcohol é unha das drogas máis consumidas na sociedade e o seu consumo supón un risco tanto para a saúde física como mental. Os efectos fanse aínda máis evidentes nos consumidores e consumidoras adolescentes, xa que o cerebro continúa inmaduro durante esta etapa da vida.
Este patrón de consumo por atracón está asociado a un peor desempeño nas tarefas psicolóxicas, unha menor actividade cerebral e unha desviaciónen no desenvolvemento normal do cerebro. Ademais, detectáronse diferencias que poden servir como marcadores de risco potencial para o consumo futuro do alcohol e a maior posibilidade de aparición de trastornos por consumo de alcohol.