EDUCACIÓN EMOCIONAL E PREVENCIÓN
17/09/2021
A educación emocional consiste no desenvolvemento de coñecementos e habilidades emocionais ao obxecto de dotar ás persoas de competencias básicas para a vida que se poden aplicar a unha gran variedade de situacións, facendo que as persoas afronten adecuadamente os retos que se lle presenten, aumentando deste xeito o seu benestar persoal e social.
As ensinanzas emocionais responden, en gran medida, ás necesidades de caracter emocional como son: o control emocional, asertividade, timidez, comunicación efectiva, resolución de conflictos, mellora da autoestima; non atendidas nin adecuadamente consideradas que poden conducir a posteriores comportamentos de risco tales como un consumo de substancias, anorexia, violencia, ansiedade, estrés, depresión, suicidio, acoso escolar, dependencia emocional.
A educación emocional contribúe á prevención de todos estes trastornos mencionados, cabe destacar que dita educación inclúe o desenvolvemento da intelixencia emocional e a súa aplicación nas situacións da vida cotiá, adoptando así unha perspectiva de saúde. Posúe, polo tanto, unha dobre función: por un lado, previr os efectos nocivos das emocións negativas e, por outra banda, potenciar as emocións positivas.
POR QUE E PARA QUE EDUCAR EMOCIONALMENTE?
- Porque as habilidades emocionais e sociais son as responsables da estabilidade emocional e mental, así como do benestar e axuste socio-relacional.
- Para evitar os efectos prexudiciais das emocións negativas e desenvolver capacidades para previr a depresión, ansiedade, estrés...
- Para poder educar emocionalmente intelixentes aos rapaces e rapazas dende moi novos, dotándoos de saúde e un equilibrio psicolóxico.
- Porque o desenvolvemento das competencias emocionais é un factor esencial para a prevención das conductas de risco e potenciar o desenvolvemento social e persoal da poboación infanto-xuvenil.
- Porque as emocións guían as accións e pensamentos.
- Para aprender a xestionar os conflictos de xeito positivo; incrementando a tolerancia á frustración.
- Coa finalidade de adquirir habilidades para controlar as emocións e profundizar no seu coñecemento.
- Para aumentar as habilidades sociais e identificar as emocións dos demais, mellorando as nosas relacións sociais.
- Co fin de desenvolver a capacidade de xerar emocións positivas, tomando conciencia dos factores que inducen un benestar mental.
- Para mellorar a autoestima e fomentar a capacidade de auto-motivarse.
- Para aprender a falar en público, deixar atrás a timidez e adquirir unha comunicación efectiva.
Potenciando todas estas habilidades emocionais contribuiremos a previr os problemas asociados a unha xestión emocional inadecuada das emocións negativas (ansiedade, estrés, culpa, enfado...) e potenciar as emocións positivas asociadas ao benestar persoal e social ( ilusión, alegría...)