DIXITALIZACIÓN ACELERADA EN TEMPOS DE COVID19

Dixitalizacion

31/08/2021

O COVID19 afectou á nosa forma de vida en case tódalas facetas, unha das máis notorias é a aceleración e intensificación dos procesos de dixitalización que xa estaban en marcha. Trátase, polo tanto, dun proceso que se acelerou como producto das necesidades impostas pola pandemia. Un dos aspectos máis destacables é o aumento do consumo de medios, sobre todo canales dixitais como a prensa, televisión multimedia e outras plataformas de comunicación que aumentaron co illamento ó que se viu forzada a maior parte da poboación como consecuencia do confinamento, para facer fronte ó brote inicial da pandemia.

Deste xeito, as tecnoloxías dixitais deron paso con forza a unha sociedade hiperconectada, pero esta hiperconexión representa tamén as dúas caras da mesma moeda; xa que por unha volta é positiva ó permitir satisfacer un dos conxuntos das necesidades básicas (necesidades sociais) e por outra banda pode ter consecuencias negativas xa que as persoas están permanentemente conectadas a algún tipo de dispositivo electrónico (feito preocupante, posto que non é unha conducta adaptativa).

Non cabe dúbida que nos últimos anos estamos ante unha transformación de cara á virtualidade, a cal afectou a todos os sectores económicos en tres sentidos: produciuse a destrucción dalgúns empregos, houbo unha expansión doutros modos de emprego e ademais apareceu con forza o teletraballo, deste xeito moitas empresas tiveron que asummir novos estilos de traballo. Nun principio o teletraballo ofrece unha maior liberdade para xestionar o contexto espacio-temporal do traballo e coordinalo co resto de tarefas e obrigacións da vida persoal. Sen embargo, hai que destacar que esta reinvención dixital foi moi rápida, producíndose a un ritmo frenético o cal, de xeito inevitable, afecta á saúde mental das persoas; por non dispor dunha marxe temporal que permita un axuste adaptativo á nova situación. Ademais, esta hiperconectividade tampouco resulta de moita axuda, xa que se pode traballar dende practicamente calquer lugar, o que dilúe o contexto espacio-temporal que afasta o ámbito laboral do persoal. Polo tanto, a liberdade que proporciona o teletraballo é positiva para a saúde mental se está ben xestionada, pero pode adquirir un carácter negativo ó perder o control e o espazo adicado ó traballo.

Antes da pandemia xa existían moitas aplicacións das cales a sociedade facía uso, pero durante a pandemia o emprego destas aplicacións viuse considerablemente incrementado. De feito, según os datos do estudo "Situación Global Mobile" realizado nos anos 2020 e 2021, das persoas que empregaron un dispositivo móbil polo menos unha vez ó mes: o 89% empregou medios sociais e mensaxería instantánea non ano 2020 e o 89,6% no ano 2021; o 66% empregou aplicacións de compras e o 69,4 % no ano 2021; o 65% empregou aplicacións de entretemento e vídeos e o 67,2% no 2021. Deste xeito, pódese observar que praticamente todas as aplicacións experimentaron un aumento considerable do seu emprego.

FONTE: Univesidade Internacional de Valencia.