31 de maio: Día Mundial Sen tabaco

Cartel conmemorativo da Organización Mundial da Saúde

28/05/2010

O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas do tabaco, as actividades da Organización Mundial da Saúde para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións.

Como tema do Día Mundial Sen Tabaco 2010, que se celebrará o 31 de maio deste ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu «Xénero e tabaco: a promoción do tabaco dirixida ás mulleres».

O Día Mundial Sen Tabaco 2010 consagrarase a pór de relevo os efectos nocivos da promoción do tabaco dirixida ás mulleres e as nenas. Tamén subliñará a necesidade de que as case 170 Partes do Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco prohiban toda publicidade, promoción e patrocinio con arranxo á súa constitución ou os seus principios constitucionais.

Dos máis de mil millóns de fumadores/as que hai no mundo, o 20% son mulleres; con todo, esta cifra vai en camiño de aumentar. As taxas de tabaquismo dos homes alcanzaron o seu punto máis alto, mentres que as das mulleres seguen aumentando. As mulleres constitúen un importante branco de oportunidade para a industria do tabaco, que necesita captar novos consumidores/as para remplazar a case a metade dos consumidores/as actuais, que morrerán prematuramente por enfermidades relacionadas co tabaco.

Resulta especialmente perturbadora a prevalencia cada vez maior de consumo de tabaco entre as nenas. Nun informe recente, “As mulleres e a saúde: os datos de hoxe, a axenda de mañá”, achéganse probas de que a publicidade do tabaco se concentra cada vez máis nas nenas. Os datos de 151 países indican que ó redor do 70% das adolescentes fuman cigarros, fronte ó 12% dos mozos da mesma idade.

O Día Mundial Sen Tabaco 2010 dará por fin a importancia que merece ó control da epidemia de tabaquismo nas mulleres. No informe recentemente mencionado, a Directora Xeral da OMS, doutora Margaret Chan, afirma que protexer e promover a saúde das mulleres é decisivo para a saúde e o desenvolvemento, non só das xeracións presentes senón tamén das xeracións futuras. O Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco, que entrou en vigor en 2005, manifesta alarma «polo incremento do número de fumadoras e de consumidoras de tabaco noutras formas entre as mulleres e as nenas no mundo enteiro».

Aínda que a campaña do Día Mundial Sen Tabaco 2010 centrarase na mercadotecnia do tabaco dirixido ás mulleres, tamén terá en conta a necesidade de protexer ós nenos e os homes das tácticas das empresas do tabacos. Como afirma a OMS en “Xénero e control do tabaco: orientacións políticas” informe publicado en 2007, as medidas xerais de control do tabaco tal vez non teñan a mesma ou parecida eficacia nos dous sexos, por iso débese incluír a perspectiva de xénero. Por conseguinte, é importante que nas políticas de control do tabaco recoñézanse e teñan en conta as normas, diferenzas e respostas de xénero con respecto ó tabaco a fin de reducir o consumo de tabaco e mellorar a saúde de homes e mulleres en todo o mundo.

Noutro informe de 2007, “Revisión da evidencia: xénero e control do tabaco” a OMS afirmou que tanto os homes como as mulleres necesitan ter información completa acerca dos efectos do consumo de tabaco que son específicos dun e outro sexo, e recibir igual protección da publicidade e a mercadotecnia ideadas en función do xénero e do desenvolvemento de produtos de tabaco específicos para cada sexo polas empresas do tabaco transnacionais. Así mesmo, uns e outras necesitan información que teña en conta a perspectiva de xénero acerca da protección fronte ó fume de tabaco alleo e a exposición ocupacional ó tabaco ou á nicotina, así como a maneira de protexerse deles.

No Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco recoñécese «a necesidade de estratexias de control do tabaco específicas en función do xénero», así como «dunha plena participación da muller en todos os niveis da formulación» de políticas e a aplicación de medidas de control do tabaco.

No Día Mundial Sen Tabaco 2010 e ó longo do ano seguinte, a OMS alentará ós gobernos a que presten particular atención a protexer ás mulleres das tentativas das empresas do tabaco de atraelas a un estilo de vida dependente da nicotina. Ó responder o chamamento da OMS, os gobernos poden reducir a carga de ataques cardíacos mortais ou incapacitantes, accidentes cerebrovasculares, cancros e enfermidades respiratorias que son cada vez máis frecuentes nas mulleres.

Ó longo do século XXI, o consumo de tabaco podería matar a máis de 1 000 millóns de persoas. En consecuencia, recoñecer a importancia de reducir o consumo de tabaco das mulleres e actuar en consecuencia salvaría moitas vidas.

 

FONTE: Organización Mundial da Saúde