Día Mundial sen Tabaco

Cartel día mundial sen tabaco 2023

30/05/2023

A nivel mundial as taxas de prevalencia do tabaquismo nos adolescentes amosan un aumento e un comezo cada día máis precoz no seu consumo. Por este motivo, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial sen Tabaco, desenvolvemos unha campaña centrada nos beneficios de non fumar baixo o lema “Esta si é Vida”. 

Cun enfoque positivo preténdese resaltar os múltiplos beneficios dos que desfruta quen decide non fumar . O contido da campaña está dirixido a mocidade en particular e a poboación en xeral, tentando xerar reflexións nas persoas fumadoras acerca da importancia de recuperar os sentidos do gusto e do olfacto, aumentar a capacidade pulmonar, mellorar o aspecto da pel, normalizar a frecuencia cardíaca, ...e sobre todo gañar  en saúde. E para acadar esta finalidade, nesta ocasión, contamos coa inestimable colaboración de todas aquelas persoas que nos ofreceron as súas testemuñas e nos fixeron un pequeno resumo da súa vida antes e despois de fumar. GRAZAS!

Fonte: Elaboración propia.