Día Mundial sen Tabaco
18/05/2023
A Organización Mundial da Saúde (OMS), este ano centra a campaña do Día Mundial sen Tabaco no cultivo sostible de alimentos en vez do cultivo do tabaco.
Na actualidade, o tabaco cultívase en máis de 125 países como cultivo comercial, área de 4 millóns de hectáreas (área máis grande ca Ruanda). Os efectos nocivos posteriores sobre o medio ambiente son particularmente evidentes nos países de ingresos baixos.
A campaña este ano animará a tódolos gobernos a poñer fin ás axudas para o cultivo de tabaco e empregar ese aforro en programas de substitución de cultivos que promoven a seguridade alimentaria e a nutrición. O día Mundial sen Tabaco 2.023 será unha oportunidade para movilizar ós gobernos e responsables de formular políticas para axudar ós agricultores e optar por cultivos sostibles; coa creación de ecosistemas de mercado con alternativas de cultivo e animar a preto de 10.000 persoas adicadas a este cultivo de tabaco para optar polo cultivo de outros produtos.
Co apoio de outros aliados, a campaña global vai sensibilizar sobre a producción e oportunidade de mercado alternativas, alentando para que opten por cultivos sostibles e nutritivos. Ditos cultivos alimentarán ás súas propias familias e a millóns máis, a unha escala mundial, axudando así a liberarse do círculo do cultivo de tabaco, repleto de deudas e contribuíndo con estes novos cultivos a un medio ambiente máis saudabel en xeral.
FONTE: Organización Mundial da Saúde e Organización Panamericana da Saúde.