Día Mundial Sen Tabaco 2.019

cartel web OMS

30/05/2019

O 31 de maio de cada ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e os seus asociados mundiais celebran o Día Mundial sen Tabaco. 

Este ano céntrase no " tabaco e a saúde pulmonar".  A campaña pretende concienciar sobre os seguintes aspectos:

  • As consecuencias negativas para a saúde pulmonar que acarrea o tabaco, que van dende o cancro ata enfermidades respiratorias crónicas.
  • O papel fundamental que desempeñan os pulmóns para a saúde e benestar das persoas.

O tema transversal do tabaco e saúde pulmonar ten repercusións en outros procesos mundiais, comom os esforzos internacionais para controlar as enfermidades non transmisibles (ENT), a tuberculose (TB) e a contaminación do aire para promover a saúde. É unha oportunidade para involucrar ás partes interesadas de todos os sectores e empoderar ós países con fin de que fortalezan a aplicación das medidas do control do tabaco de probada eficacia MPOWER contidas no Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco (CMCT da OMS).

Datos sobre o tabaco e a saúde pulmonar

Este ano, o día Mundial Sen Tabaco céntrase nas múltiples maneiras en que a exposicón ó tabaco afecta á saúde pulmonar, entre elas atopamos: Cancro de pulmón, Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC), Tuberculose e contaminación do aire.

A nivel mundial, calcúlase que 165.000 nenos morren antes dos cinco anos por infeccións das vías respiratorias inferiores causadas polo fume do tabaco alleo.

A saúde pulmonar non se acada simplemente pola ausencia de enfermidades, posto que o fume do tabaco repercute de xeito importante na saúde pulmonar dos fumadores e non fumadores en todo o mundo.

A exposición ó fume do tabaco alleo no fogar e no lugar de traballo tamén aumenta o risco de cancro de pulmón. Deixar de fumar pode reducir o risco de cancro de pulmón: despois de 10 años de deixar de fumar, o risco  de cancro de pulmón redúcese a aproximadamente a metade do dun fumador.

O fume do tabaco é unha forma moi perigosa de contaminación do aire de interiores: contén máis de 7000 sustancias químicas, 69 das cales son  causantes de cancro. Ainda que o fume pode ser invisible e inodoro, pode permanecer no aire ata cinco horas, poñendo ás persoas expostas en risco de desarrollar cancro de pulmón, enfermidades respiratorias crónicas e reducción da función pulmonar.

Obxectivos da Campaña do Día Mundial Sen Tabaco 2.019

Este ano as metas a acadar coa campaña son as seguintes:

  • os riscos que acarrea o tabaquismo e a exposición ó fume de tabaco alleo
  • os perigos específicos para a saúde pulmonar
  • a importancia da saúde pulmonar para acadar a saúde e o benestar a nivel xeral
  • accións e medidas viables que os destinatarios calve, incluídos gobernos e opinión pública, poden adoptar para reducir os riscos que plantexa o tabaco para a saúde pulmonar.

Fonte: Organización Mundial da Saúde.