Día Mundial Sen Tabaco 2018: actividades
31/05/2018
Con motivo da conmemoración o 31 de maio do Día Mundial sen Tabaco dende a Asociación Renacer, temos previsto levar a cabo unha serie de actividades informativas e de sensibilización:
- Instalaremos na rúa peonil, o carón da farmacia Sanmaded (de 11 a 13 horas), unha mesa informativa con material diverso sobre as consecuencias do hábito tabáquico e algúns étodos para deixar de fumar. Ademais da labor informativa, proporcionarase asesoramento, tentarase concienciar á poboación da importancia de desenvolver hábitos saudables. As persoas fumadoras que o desexen poderán coñecer a través dun cuestionario o seu grado de dependencia a esta sustancia.
- Para os centros de ensino deseñouse unha campaña baixo o lema “Por ti por min, gañemos en saúde” coa intención de converter aos escolares de 5º e 6º de Educación Primaria e os de 1º e 2º de ESO en axentes de saúde que contribúan a promover un entorno familiar libre de fume. Para iso, elaboráronse diversos materiais coas vantaxes de non fumar, pasos a seguir para que as persoas fumadoras poidan deixalo, e un listado de recursos ós que poden acudir se necesitan algún tipo de apoio. Este material distribuíuse en todos os centros escolares do municipio para que os alumnos/as llos fagan chegar os seus familiares e lles falen da importancia dun entorno saudable libre de fumes.Esta iniciativa tamén se levou cas persoas usuarias das asociacións Ambar e Amicos.
- Poboación en xeral: repartiranse o material diseñado da campaña nos centros de saúde do municipio e no Hospital da Barbanza.
- Previamente a todas estas actividades, desenvolvéronse obradoiros cos rapaces/as de secundaria para a promoción de hábitos saudables e conciencialos/as do risco que conleva o tabaco para a saúde.