DÍA MUNDIAL SEN TABACO

Elixe vida

30/05/2022

  • 600.000.000 árbores cortadas para fabricar cigarros.
  • 84.000.000 toneladas métricas de COemitidas a atmosfera.
  • 22.000.000.000 litros de auga empregados para fabricar cigarros.

ELIXE VIDA este é o lema da campaña que Renacer pon en marcha para conmemorar o Día Mundial sen Tabaco.

Este ano a OMS quere incidir no dano que causa  o tabaco no medio ambiente, xa que o cultivo, fabricación e consumo de tabaco envenena a auga, o solo, as praias e rúas das cidades con substancias químicas, desfeitos tóxicos, cabichas que conteñen microplásticos e desfeitos dos cigarros electrónicos.

Advirten tamén que non caiamos na trampa: as empresas tabacaleiras tentan blanquear os danos medioambientais que causan os seus producots mediante donacións a iniciativas que promoven a sostenibilidade e con informes sobre o cumprimento de normas medioambientais que, a miúdo, establecen as mesmas empresas.

Apuntan dende a Organización Mundial da Saúde, que os gobernos e as instancias normativas deberían axudar ós cultivadores de tabaco a optar por medios de subsistencia alternativos e máis sostibles co fin de reducir os efectos medioambientais do cultivo, curado e fabricación do tabaco; sen deixar de aplicar medidas de control dos productos do tabaco.

Os efectos prexudiciais que as empresas tabacaleiras causan ó medio ambiente son enormes e van en aumento, o cal agrava a escasez de recursos e fraxilidade dos ecosistemas. O tabaco mata cada ano a máis de 8 millóns de persoas e destrúe o noso medio ambiente, perxudicando máis a saúde das persoas. Cada cigarro fumado e cada producto do tabaco consumido desperdician recursos valiosos dos que dependen as nosas vidas. Por todo isto, lanzan a mensaxe de que se abandone o hábito pola nosa saúde e a do noso planeta.

FONTE: OMS (Organización Mundial da Saúde)