Día Mundial Sen Alcohol

Cartel Día Mundial Sin Alcohol Ribeira

14/11/2022

A Asociación Renacer en colaboración co concello de Ribeira e o de Boiro, con motivo da conmemoración o vindeiro martes, 15 de novembro, do Día Mundial Sen Alcohol, porá en marcha a campaña “Que o teu punto non se converta en coma”

Debemos ter presente que a tolerancia social ó consumo de bebidas alcohólicas, presentes no día a día e en todo tipo de celebracións, así como o consumo entre a mocidade e adolescentes, como parte do desfrute do seu ocio e como medio de relación social, son cuestións a ter en conta, máis aínda cando as consecuencias do seu abuso poden acarrexar toda unha problemática derivada dun uso continuado, dende problemas físicos a mentais.

No caso da mocidade a cuestión é si cabe aínda máis preocupante pois, diversos estudos  levados a cabo a nivel nacional e por parte da asociación Renacer no noso propio concello,  amosan que o consumo de alcohol soe dar comezo en torno ós 13-14 anos, cunha busca rápida e intencionada da embriaguez como forma de diversión, para integrarse no grupo de iguais e como forma de evasión

“Sen alcohol non hai festa” e a  costume de beber en "atracón", asociada ó botellón,  van da man entre moitos rapaces e rapazas sen plantexarse que esta é a modalidade máis propensa a provocar comas etílicos  (punto de reflexión da campaña deste ano), debido a gran cantidade de alcohol inxerido nun breve período de tempo, e  o feito de que ser menor suma mais risco A todo isto hai que engadir o perigo de golpearse ó caer,  que as amizades, debido a que están facendo o mesmo e a desinformación , non se dean conta do que lle está pasando a alguén do grupo,  diminución na capacidade e o tempo de reacción,  actitudes violentas, agresións, alteracións das relacións entre iguais e co entorno, problemas nos estudos,  conductas de risco como relacións sexuais sen protección....

Tendo o anterior en conta, a campaña intenta promover conciencia sobre o efecto negativo que o consumo abusivo de alcohol pode ter sobre a súa saúde.

Fonte propia.