DÍA MUNDIAL DA SIDA
01/12/2021
Cada 1 de decembro celébrase o Día Mundial da SIDA, neste día incídese con máis insistencia na oportunidade de apoiar a aquelas persoas involucradas na loita contra o VIH e para mellorar a compresión deste virus como un problema de saúde pública mundial.
O lema desta ano é: "Pon fin ás desigualdades. Pon fin á SIDA. Pon fin ás pandemias".
O obxectivo da campaña conxunta da OPS (Organización Panamericana da Saúde), OMS (Organización Mundial da Saúde) e ONUSIDA; é comunicar sobre este día e a importancia do acceso equitativo ós servizos de saúde e o fortalecemento das accións no primeiro nivel de atención de saúde, sobre todo na prevención combinada do VIH e servizos de tratamento, así como a promoción do tratamento coas comunidades para chegar ás persoas máis vulnerables ó VIH e a outras pandemias.
Nesta campaña tamén se fai un chamamento a tomar medidas urxentes para o mantemento dos servizos esenciais da prevención e atención ó VIH que a pandemia pola COVID-19 puido causar nos distintos países.
Dende a Asociación Renacer con motivo da celebración do Dia Mundial da SIDA o 1 de decembro, levarase a cabo unha campaña de concienciación, entre a mocidade de Ribeira, Porto do Son e Boiro, acerca da importancia da prevención na loita contra a SIDA e a de involucrarse na súa detención pois, aínda que se realizaron grandes avances no coñecemento e tratamento da infección, quedan algúns retos pendentes como os relacionados coa prevención e o diagnóstico precoz.
Para o desenvolvemento da mesma, deseñáronse unha serie de materiais tomando como referencia unha xogada de billar, co lema “Sexa cal sexa a xogada, sempre preservativo” . Ditos materiais, distribuiranse nas aulas grazas á colaboración do profesorado, do seguinte xeito:
- 1º e 2º da ESO marcapáxinas
- 3º e 4º de ESO, FPB, Bacharelatos e Ciclos Formativos, Ambar, Amicos e A Creba: preservativos co lema da campaña e carteis.
- Despregarase unha lona conmemorativa na praza do concello.
Ademais, para concienciar á poboación xeral, tamén se distribuirán carteis nos centros de saúde e no Hospital da Barbanza.
Todas estas actividades complementan a labor que xa se está levando a cabo coa mocidade e adolescencia nos centros de ensinanza secundaria a través de diversos talleres de sexo seguro, intentando ademais previr embarazos non desexados e outras enfermidades de transmisión sexual. Ademais, para favorecer un diagnóstico precoz do VIH aquelas persoas que realizaran algunha práctica de risco, de forma gratuíta e anónima, no local da Asociación poden facela Proba rápida do VIH no fluído oral e nos Centros de Saúde e no Hospital da Barbanza cunha análise de sangue.