Día Mundial da SIDA
29/11/2013
Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.
Este evento brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.
A Asociación Renacer levará a cabo unha serie de actos informativos nos vindeiros días. Estes actos están dirixidos á poboación en xeral e a mocidade en particular, tentando concienciar acerca da importancia da prevención na loita contra a SIDA e a de involucrarse na súa detección precoz.
O próximo luns 2 de decembro instaláranse diversas mesas informativas na rúa peonil e nos tres institutos de ensinanza secundaria nas que se repartirán lazos vermellos, material informativo e preservativos, en horario de mañá. Ademais no IES Nº 1 para achegar tamén a información ás persoas que acoden á ensinanza de adultos impartirase unha charla sobre sexualidade e SIDA en horario de tarde, trala que se colocará outra mesa informativa.
Ademais ó longo da vindeira semana realizaranse obradoiros de prevención do VIH-SIDA co alumnado de bacharelato.
Estas actividades englóbanse no programa de prevención do VIH-SIDA e outras ITS da Asociación Renacer e complementan a labor que se está a levar a cabo cos mozos e mozas nos centros de ensino secundario a través de diversos obradoiros de Educación Afectivo-Sexual e Sexo Seguro.