Día Mundial da Prevención do Suicidio

Prevención suicidio

10/09/2023

O Día Mundial da Prevención do Suicidio (DMPS), celébrase anualmente o 10 de setembro, e está organizado pola Asociación Internacional para a Prevención do Suicidio (IASP) e respaldado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

O tema deste ano é "Crear esperanza a través da acción", reflexando unha necesidade de acción colectiva para abordar este urxente problema de saúde pública. O obxectivo xeral deste día é crear conciencia sobre a necesaria prevención do suicidio en todo o mundo, promovendo a colaboración e autoempoderamento das partes interesadas para abordar as autolesións e o suicidio a través de accións preventivas.

Este obxectivo pode acadarse co desenvolvemento das capacidades dos proveedores de atención médica e outras persoas relevantes, mensaxes positivas e informativas dirixidas á poboación xeral e grupos de risco como a xuventude, facilitando un debate aberto sobre a saúde mental no fogar, escola e lugares de traballo.

FONTE: Organización Mundial da Saúde.