Día Mundial contra a Droga

Día Mundial contra a Droga

23/06/2023

O Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, celébrase o 26  de xuño de cada ano para fortalecer a acción e a cooperación para acadar un mundo libre de uso indebido de drogas.

O problema mundial das drogas é un tema complexo en todo o mundo. Moitas das persoas que consumen drogas enfróntanse ó estigma e discriminación, o que dana aínda máis a súa saúde física e mental, ademais de impedirlles acceder á axuda que precisan. A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC) recoñece a importancia de adoptar un enfoque centrado nas persoas para a creación das políticas de drogas, cun enfoque nos dereitos humanos, a compaixón e as prácticas basadas na evidencia científica.

O obxectivo da campaña deste ano é concienciar sobre a importancia de tratar con respecto e con empatía ás persoas que consumen drogas; proporcionar servizos voluntarios basados na evidencia para todas as persoas; ofrecer alternativas ó castigo; priorizar a prevención; e liderar con compaixón. A campaña tamén ten como obxectivo combatir o estigma e a discriminación contra aquelas persoas que consumen dtogas mediante a promoción dunha linguaxe e actitudes que sexan respectuosas e sen prexuízos.

Nesta ocasión, o Día Mundial contra a Droga é unha chamada ás seguintes cuestións:

  • Crear conciencia sobre o impacto negativo do estigma e a discriminación nas persoas consumidoras de drogas e as súas familias.
  • Sensibilizar ás persoas que consumen drogas sobre as epidemias da SIDA e da hepatite para ampliar e fortalecer os programas de prevención do VIH e da hepatite.
  • Promover servizos voluntarios basados na evidencia para tódalas persoas que consumen drogas.
  • Educar sobre os trastornos por consumo de drogas, os tratamentos dispoñibles e a importancia da intervención e apoio temperá.
  • Apoiar alternativas ó encarceramento por delitos relacionados coas drogas, como tratamento e servizos comunitarios.
  • Combatir o estigma e a discriminación mediante a promoción dunha linguaxe e actitudes que sexan respectuosas e sen prexuízos.
  • Empoderar á poboación xuvenil e ás comunidades para previr o consumo de drogas e as adiccións.

FONTE: Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC)