Día Internacional da loita contra o Uso indebido e o Tráfico ilícito de drogas

Día Internacional Contra o Tráfico

26/06/2020

O 26 de xuño conmemórase o Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, unha data que pretende reforzar a acción e cooperación entre os países co fin de acadar unha sociedade libre de consumo de drogas.

O consumo e a distribucción de dorgas ilegais é unha problemática global, con graves repercusións na saúde e benestar das persoas. A nivel mundial a incrusión de drogas ilegais logrou traspasar fronteiras con niveis alarmantes, afectando a seguridade e desarrollo sostible das nacións. Dita loita persiste dende o ano 1.987, contando co apoio de Organizacións, Fundacións e Estados Membros.

Cada ano, a campaña da ONU céntrase nun tema concreto e este ano 2.020 o lema é :" Mejor conocimiento para una mejor atención", facendo referencia ao feito de que a loita contra as drogas sempre estivo rodeada de información errada, e isto supón un inconvinte para atallar as problemáticas que acarrean. Polo tanto, trátase de mellorar a comprensión do problema mundial para poder cooperar e avanzar na solución.

Dende principios do século XX recoñeceuse o tráfico de drogas como un problema a nivel mundial que requería e segue a requerir unha solución global e conxunta, que reduza o impacto social das drogas.

Centrándonos neste impacto podemos destacar as principais consecuencias do consumo indiscriminado de drogas ilegais, dende o punto de vista social:

  • Distanciamento familiar, relacional e social: As relacións sociais dos consumidores habituais están afectadas polo illamento ou perda de nexos familiares, amizades e relacións laborais.
  • Un marcado aumento de conductas antisociais, afectando ao desempeño de actividades habituais como estudos e traballo.
  • Perda de interese en afeccións e outras actividades que antes lle resultaban gratificantes.
  • Inseguridade, violencia e corrupción das institucións e proliferación do mercado ilegal de substancias.
  • A poboación infantil e xuvenil é sumamente vulnerable ao consumo e tráfico de drogas, sendo máis de dúas veces superior ó de outros grupos de idade.

De todo o exposto con anterioridade, é totalmente visible a necesidade de dar respostas efectivas a esta problemática internacional, donde as nacións e gobernos xogan un papel decisivo, debendo ofrecer solucións integrais coa aplicación e reforzamento de medidas e políticas responsables; respaldadas polos organismos e convenccións internacionais sobre o control de drogas e dereitos humanos, especialmente de nenos e xóvenes que constitúen o sector de poboación máis vulnerble.

Dende a nosa asociación tamén nos sumamos á celebración deste día coa nosa campaña que este ano ten o lema:

"UN MUNDO LIBRE DE DROGAS É POSIBLE: IMAXÍNAO"

#SUMATEAPREVENCION