Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e uso indebido de drogas

Información que salva vidas

26/06/2022

O director do Observatorio Europeo das Drogas e Toxicodependencias (OEDT), Alexis Goosdeel, advertiu durante unha comparecencia na Comisión de Sanidade do Congreso dos Deputados, sobre a falta de evidencia científica existente respeto ó emprego mediciñal do cannabis.

Sinala, Alexis, que hai unha gran confusión en todo o mundo e, especialmente na Unión Europea, sobre as propiedades mediciñais que ten o cannabis e os seus derivados, a pesares de que non hai evidencia científica sólida que poida garantir e avale o seu emprego, así como seguridade do mesmo ás persoas consumidoras.

A base científica cambia rapidamente pero está moi fagmentada posto que hai moi pouca coherencia entre os tipos de productos feitos coa base de cannabis, e ademáis, nos estudos levados a cabo participaron poucos pacientes. 

Sinalou tamén que nañgúns países da Unión Europea cambiaron a lexislación para permitir o cultivo do cannabis mediciñal sen saber de que xeito se vai empregar na práctica médica. Feito motivado por intereses económicos, xa que seguen existindo moitas preguntas sen respostar como, que productos con base de cannabis se van autorizar?, que tipo de presentación van ter?, como se van administrar?.

Por todo isto, afirma que polo de agora non hai un perfil de acción concrecto para dicir que un modelo lexislativo dun determinado país é o que hai que seguir. Falta máis investigación para poder empregar o cannbis de xeito mediciñal.

FONTE: Infosalus