Día do Síndrome Alcohólico Fetal

dalle vida

09/09/2019

Hoxe como tódolos anos,dende o 1.999, o nove do nove simbolizando os nove meses do embarazo celébrase o Día Mundial do Síndrome Alcohólico Fetal.

Durante o embarazo non hai cantidade segura de consumo, calquera mínima cantidade de alcohol pode provocar un TEAF, (Trastorno do Espectro Alcohólico Fetal) que nos casos máis graves pode desarrollar un SAF.

O trastorno do espectro alcohólico fetal (TEAF) son un grupo de afecións que poden presentarse nunha persoa cuxa nai bebeu alcohol durante o embarazo. Estes efectos poden incluir problemas físicos e problemas conductuais relacionados co comportamento e a aprendizaxe.

O alcohol no sangue da nai pasa ó bebé a través do cordón umbilical, por iso non hai unha cantidade segura de alcohol que se poida consumir durante o embarazo ou cando se esté tratando de quedar embarazada.

O Síndrome Alcohólico Fetal converteuse na UE na segunda causa de retraso  mental, tralo Síndrome de Down, sendo o SAF cen por cento evitable.

Non existe cura para o este Síndrome, porque as alteracións que provoca o alcohol no desarrollo do SNC son permanentes. Trátase, polo tanto, dunha enfermidade crónica, e estas alteracións vanse traducir na idade adulta nunhas discapacidades secundarias que se reflexan en: fracaso escolar, problemas de saúde mental, mala coordinación, capacidade de razoamento reducida, problemas de audición e visuais, problemas óseos, renais e de corazón.

O TEAF inclúe os 4 síndromes que poden ser producidos pola exposición prenatal ó alcohol. Estes síndromes son:

  • Síndrome Alcohólico Fetal (SAF)
  • Síndrome Alcohólico Fetal Parcial (SAFP)
  • Defectos do nacemento relacionados co alcohol.
  • Trastornos do Neurodesarrollo relacionados co alcohol

Lembremos polo tanto que o consumo de alcohol durante o embarazo e a lactancia debe ser cero.

FONTE: Centro para o Control e Prevención de Enfermidades.