26 de xuño: Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas
25/06/2010
O 26 de xuño é o Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. Este día, establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1987, serve para lembrar o obxectivo convido polos Estados Membros das Nacións Unidas de crear unha sociedade internacional na que non se usen indebidamente as drogas.
A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC) selecciona cada ano un tema para o Día Internacional e lanza unha campaña anual para sensibilizar á opinión pública sobre o problema mundial da droga.
O tema actual da campaña mundial é a saúde: concienciación sobre o gran problema que supoñen as drogas para a sociedade no seu conxunto, e especialmente para a mocidade. O obxectivo da campaña é mobilizar apoios e inspirar á poboación para que actúe contra o abuso e o tráfico de drogas. A campaña alenta ós mozos/as a coidar ante todo a súa saúde e non consumir drogas.
Os/as adolescentes e os/as adultos novos son especialmente vulnerables ó consumo de drogas. A prevalencia de consumo de drogas entre a mocidade duplica con moito a da poboación xeral. A presión do grupo social para experimentar con drogas pode ser intensa, e con frecuencia a autoestima dos mozos/as é baixa. Ademais, quen consomen drogas adoitan estar mal informados/as ou non son suficientemente conscientes dos riscos que iso leva para a saúde.
As drogas teñen o poder tanto de mellorar como de danar a saúde, dependendo do tipo de droga, a cantidade consumida e para que se toma. Por exemplo, mentres a morfina pode paliar a dor, a heroína pode ser altamente aditiva. Este tipo de exemplo ilustra a necesidade de fiscalizar as drogas.
As drogas sometidas a fiscalización internacional inclúen os estimulantes de tipo anfetamínico, a a cocaína, o cannabis, os alucinóxenos, os opiáceos e os hipnóticos sedantes. Ditas drogas teñen efectos físicos inmediatos. Mentres que algúns efectos físicos poden soar pracenteiros, non duran moito. As drogas poden impedir o desenvolvemento físico e emocional, particularmente dos mozos/as.
O consumo de drogas pódese previr. A UNODC desenvolveu actividades de prevención que lle dan ó público e á mocidade a información, as ferramentas e as oportunidades que necesitan para tomar decisións sas, incluíndo a de non consumir drogas.
A campaña posta en marcha esta ano pola UNODC convida a persoas e institucións interesadas a participar na campaña pro-saúde. Todos están convidados/as a unirse e contribuír dunha ou outra maneira.
Para facilitar a participación a nivel local, produciu artigos promocionais que están dispoñibles libres de custo. Estes inclúen o logo en diferentes idiomas e formatos, folletos informativos e publicidade en liña. Ferramentas de interacción social, como Facebook, Flickr e Twitter tamén daranche a oportunidade de participar na campaña mundial.
Convidámosvos a todos e todas a conmemorar o 26 de xuño!. É unha ocasión única de tomar acción contra un problema que nos afecta. Contamos contigo para facer da campaña pro-saúde un éxito.
FONTE: Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito