Descende o consumo de alcohol, tabaco e cannabis durante a pandemia

OEDA 2020

14/04/2021

O consumo de alcohol, tabaco e cannabis descendeu dende o inicio da pandemia provocada pola COVID-19 no noso país, mentres que o uso de hipnosedantes sen receita e o consumo de horas de internet por diversión aumentou lixeiramente, o  xogo  online permaneceu sen cambios. Estas son as principais conclusións do estudo realizado polo Observatorio Español das Drogas e as Adiccións ‘OEDA-COVID 2020’ da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

A enquisa é de carácter representativo sobre o impacto da pandemia provocada pola COVID-19 no consumo de drogas e adiccións sen substancia na poboación española, foi realizada telefonicamente a unha mostra aleatoria de máis de 8.000 persoas de entre 15 e 64 años, á que se suman preto de 900 persoas de 65 e máis anos residentes en todo o territorio nacional.

Enquisa OEDA-COVID-2020 na poboación de entre 15 e 64 años

Tal e como expuso o delegado do Goberno para o Plan Nacional de Drogas, Joan R. Villalbí, os datos amosan que durante a pandemia diminúe  o consumo de bebidas alcohólicas en ambos sexos e en todos os grupos de idade (prevalencia de consumo antes da pandemia 62%  e durante a pandemia 57,3%). Isto supón un descenso do 8%, que en xoves de 15-24 años chega a ser dun 25%. A prevalencia de consumo a diario nos últimos 30 días durante a pandemia é do 9,4%.

Tamén diminúen os consumos intensivos do alcohol en forma de intoxicacións etílicas durante a pandemia, en ambos sexos e en tódolos grupos de idade (prevalencia de intoxicacións etílicas antes da pandemia 17,2% e durante a pandemia 9,7%). No grupo de 15-19 anos, o descenso chega a ser do 25%.

Por outra banda, resaltar que o  16% da poboación de 15 a 64 años enquisada realizou, durante a pandemia , un posible consumo de risco de alcohol, sendo maior o consumo de risco de alcohol en homes (17,3%) que en mulleres (14,8%).

Consumo de tabaco e cigarrros electrónicos

Os datos poñen igualmente de relevo que o consumo de tabaco diminúe durante a pandemia (prevalencia de consumo antes da pandemia 29,1%  e durante a pandemia 27,7%), en tódalas idades e ambos sexos, agás entre as mulleres de 25-34 anos e mulleres de 45-54 anos, grupos nos que a prevalencia se mantén máis ou menos estable. Destacar que , nos grupos de idade máis xoven e nos adultos por encima de 60 anos, o descenso está preto ó 10%. Durante a pandemia, a prevalencia do consumo de tabaco diario nos últimos 30 días foi do 23,4%. O consumo de cigarros electrónicos, que xa era baixo, diminúe durante a pandemia (prevalencia de consumo antes da pandemia 3,5% e durante a pandemia 2,3%), en ambos sexos en tódolos grupos de idade, sendo esta diminución maior entre as persoas menores de 35 anos.

Hipnosedantes sen receita

Como explicou o delegado do Goberno para o Plan Nacional de Drogas, respecto ó consumo de hipnosedantes sen receita, relativamente baixo, agora coa pandemia obsérvase un aumento do consumo (prevalencia do consumo antes da pandemia 1,9% e durante a pandemia 3,1%). Este aumento prodúcese en tódolos grupos de idade  en ambos sexos, sendo maior nas mulleres. A prevalencia do consumo diario de hipnosedantes sen receita nos últimos 30 días durante a pandemia foi do 0,7%.

Asimesmo, o 1,3% da población de 15 a 64 anos enquisada afirma que consumeu analxésicos opioides sen receita tanto antes como durante a pandemia por Covid-19, sen diferencias por sexo.

O cannabis é a droga ilegal máis consumida

Durante a pandemia por COVID-19 obsérvase unha diminución do consumo de cannabis en ambos sexos en tódolos grupos de idade (prevalencia do consumo antes da pandemia 7,8%  e durante a pandemia 6,5%, o que supón  un descenso do 17%). Esta diminución é maior nas idades que presentan maior consumo, que son os máis novos. Durante a pandemia o 1,2% das persoas de 15 a 64 anos enquisadas presentan un posible consumo problemático de cannabis ó respostar ó cuestionario CAST (CAST≥4), dato que se eleva ó 19% entre as que refiren ter consumido cannabis durante a pandemia. A enquisa revela tamén que o consumo de cocaína, relativamente pouco frecuente, tamén presenta una diminución durante a pandemia, pasando do 1,4% antes da  pandemia ó 1% durante a pandemia.

Internet por diversión

O uso de internet por diversión é unha actividade realizada pola maioría da poboación tanto antes como durante a pandemia. Non se atopan cambios no patrón de uso por sexo nin por grupos de idade, salvo nos maiores de 59 anos, onde diminúe lixeiramente. Pero obsérvase un aumento significativo do número de horas adicado a esta actividade, sendo de media 2,5 horas nun día calquera antes da pandemia (xa sexa entre semana ou no fin de semana) e arredor de 3,5 horas durante a pandemia.

Tamén diminúe a prevalencia do xogo con diñeiro de maneira presencial. O xogo con diñeiro de maneira presencial é maior en homes e en menores de 25 anos. Sen embargo, respecto ó xogo con diñeiro online non se observan cambios antes e durante a pandemia, que segue a ser maior nos homes e nos menores de 25 anos, incluíndo menores de idade para os que esta actividade está prohibida.

Enquisa OEDA-COVID-2020 na poboación maior de 65 años

Por outro lado,  a enquisa pon de manifesto que, entre a poboación de maiores de 64 años enquisada, obsérvase que o consumo de bebidas alcohólicas é menor que na poboación de 15 a 64 anos. Durante a pandemia, os datos amosan unha diminución do consumo de bebidas alcohólicas neste grupo de poboación en ambos sexos, y en tódolos rangos de idade (prevalencia do consumo antes da pandemia 34,2%  e durante a pandemia 31,8%). O consumo de bebidas alcohólicas é máis prevalente en homes tanto antes como durante a pandemia.

Durante a pandemia o 13,3% dos enquisados consumira bebidas alcohólicas a diario nos últimos 30 días. Respecto ó consumo de tabaco, obsérvase unha diminución no consumo durante a pandemia en ambos sexos en tódalas idades, sendo a prevalencia do consumo maior nos homes (prevalencia do consumo antes da pandemia 10,9% e durante a pandemia 8,9%, o que supón un descenso do 20%). A prevalencia do consumo de tabaco diario nos últimos 30 días durante a pandemia foi do 7,9%.

Nas persoas maiores de 64 años enquisadas non se detecta consumo de cigarros electrónicos. O consumo doutras substancias psicoactivas tales como hipnosedantes sen receita, analxésicos opioides sen receita, cannabis e cocaína non se detecta neste grupo de poboación.

Aproximadamente a metade dos maiores de 64 años usaron internet por diversión, sendo algo maior o uso en homes que en mulleres. Este uso diminue  lixeiramente durante a pandemia en ambos sexos  en tódolos tramos de idade. Sen embargo, obsérvase un aumento significativo do tempo empregado en internet por diversión sendo este uso durante a pandemia de 1,5 horas de media tanto entre semana como en fin de semana.

Respecto ó xogo con diñeiro de maneira presencial, obsérvase maior prevalencia nos homes e en persoas maiores de 74 años. Durante a pandemia por COVID-19 el xogo con diñeiro de maneira presencial diminúe en ambos sexos  en tódolos grupos de idade (prevalencia do xogo antes da pandemia 8,0% e durante a pandemia 5,3%). O xogo con diñeiro online non se detecta neste grupo de poboación.