Descende o consumo da maioría das drogas, en especial o tabaco, o alcol, o cánnabis e a cocaína

Man con pastillas

24/01/2013

Descende o consumo de todas as drogas no noso país, excepto o de hipnosedantes. Este descenso é máis significativo no caso do tabaco, alcol, cánnabis e cocaína. Así o explicou o delegado do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, Francisco Babín, durante o acto de presentación da Enquisa Domiciliaria sobre Alcol e outras Drogas 2011/2012.

Babín reiterou o compromiso do Goberno por intensificar a prevención. “A pesar deste descenso, quérese facer unha chamada de atención á sociedade española para non baixar a garda. Desde logo, este Goberno non se vai a relaxar na loita contra as drogas”.

Na súa intervención, o delegado mostrou a súa preocupación polo consumo de alcol entre os/as menores de 18 anos, que considera moi elevado, a pesar da súa diminución en termos xerais e alertou dos riscos do consumo en forma de “atracón”, unha práctica que parece consolidarse entre a mocidade española: “Imos seguir traballando para lograr o consumo cero de bebidas alcohólicas entre os/as menores”.

Para iso, anunciou que o Plan de Acción 2013-2016 inclúe, entre as súas actuacións, unha nova normativa para previr o consumo de alcol en menores, a creación dun portal de boas prácticas para a prevención, o desenvolvemento dun sistema de acreditación de programas preventivos e a potenciación da investigación das mellores opcións preventivas.

Babín tamén mostrou a súa preocupación por “o consumo de cannabis en menores de idade, que é maior que no resto dos enquisados/as”, sobre todo se se ten en conta a baixa percepción de risco que a cidadanía teñen respecto desta sustancia. Neste sentido, anunciou que o Plan de Acción 2013-2016 inclúe medidas para intensificar a prevención e potenciar a investigación sobre o cánnabis.

O delegado anunciou, así mesmo, a firma no segundo trimestre do ano, dun convenio de colaboración coa Universidade Complutense de Madrid a través da Cátedra de Comunicación e Saúde da Facultade de Ciencias da Información, para o desenvolvemento de estratexias preventivas a través das redes sociais. Babín explicou que se está desenvolvendo unha aplicación descargable para dispositivos telefónicos.

Drogas máis consumidas

A Enquisa Domiciliaria sobre Alcol e outras Drogas (EDADES) 2011/12 forma parte dos estudos periódicos que desde 1995 realiza a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, co fin de coñecer a evolución do consumo de sustancias psicoactivas no noso país. A presente edición inclúe un total de 22.128 persoas entrevistadas entre a poboación xeral de entre 15 e 64 anos. Trátase dunha das enquisas de maior mostra poboacional en adultos de toda Europa. Como novidades, na presente edición introduciuse un módulo sobre drogas emerxentes e ampliouse a 21 o total de drogas incluídas no cuestionario.

Os datos demostran que as drogas de maior consumo son, por esta orde, o alcol (o 76,6% consumiuno nos últimos doce meses), o tabaco (40,2%) e os hipnosedantes (11,4%). A proporción de persoas que consome hipnosedantes supera por primeira vez á dos consumidores de cannabis.

A enquisa pon de manifesto unha redución do consumo de todas as sustancias (excepto os hipnosedantes), máis acusado o caso do tabaco, alcol, cannabis e cocaína, que descenden entre 1 e 2 puntos porcentuais, respecto da enquisa anterior. Tamén se consolida o policonsumo, onde o alcol xoga un papel predominante.

Porcentaxe de persoas que consumiron nos últimos  12 meses (2011)

Sexo

 

Sustancia

Anos

Homes

Mulleres

2011

2009

83,2

69,9

Alcohol

76,6

78,7

44,2

36,0

Tabaco

40,2

42,8

7,6

15,3

Hipnosedantes

11,4

7,1

13,6

5,5

Cánnabis

9,6

10,6

3,6

0,9

Cocaína

2,3

2,6

1,0

0,4

Éxtase

0,7

0,8

0,9

0,3

Anfetaminas/speed

0,6

0,6

0,6

0,2

Alucinóxenos

0,4

0,5

 

 

Idade de inicio e diferenzas de xénero

A idade de inicio no consumo das diferentes drogas mantense estable, con respecto a edicións anteriores da enquisa. O inicio máis precoz ocorre nos consumos de tabaco e alcol, que se sitúa en torno ós 16 anos, e o de cánnabis, en torno ós 18 anos. O máis tardío segue sendo o dos hipnosedantes, que empezan a consumirse aos 34,5 anos de media.

En canto ás diferenzas de xénero, os datos confirman un maior consumo entre os homes, excepto no caso dos hipnosedantes, onde a proporción de mulleres consumidoras duplica ao dos homes. Estas diferenzas acentúanse no caso da cocaína, onde a proporción de homes cuadriplica á das mulleres, e no do cánnabis, onde esta proporción case se triplica.

Por idades, as prevalencias de consumo son maiores no grupo entre os 15 e os 34 anos, salvo no caso dos hipnosedantes, cuxo uso se incrementa a partir dos 35 anos. De feito, a porcentaxe de consumidores/as de hipnosedantes de 35 a 64 anos representa algo máis do dobre que no grupo de menos de 35 anos.

Os datos tamén demostran que o uso de drogas “tanto legais como ilegais” intensifícase a partir dos 18 anos, excepto no caso do cánnabis, cuxo consumo entre os/as menores de 15 a 17 anos supera en 3,9 puntos ao grupo de 18 a 64 anos.

 

Fonte: Ministerio de Sanidade, servizos Sociais e Igualdade