DECÁLOGO PANTALLAS DURANTE CORONAVIRUS

Decálogo

13/04/2020

Tal e como se deriva dos últimos informes feitos pola OMS e se recolle na vixente Estratexia Nacional sobre Adiccións 2.017-2.024, elaborada polo Ministerio de Sanidade, hoxe en día as "Adiccións comportamentais" (Emprego problemático de Internet e redes sociais, adicción a videoxogos, ludopatía); están suscitando unha crecente preocupación social. Dita preocupción demanda aos profesionais da psicoloxía, educación e saúde en xeral un papel máis activo na axuda ás familias.

Como consecuencia directa de todo o acontecido nestas últimas semanas, froito da situación do confinamento polo Estado de Alarma decretado, para moitos pais e nais está sendo especialmente difícil integrar de maneira adaptativa e saudable o uso das Novas Tecnoloxías entre os seus fillos/as preadolescentes e adolescentes.

Dende a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago en colaboración coa Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap) e de diferentes asociacións que traballan con adolescentes e as súas familias (Renacer, Érguete, Fundación Galega Contra o Narcotráfico entre outras),elaboramos unha serie de pautas claras e concretas para que no día a día,  lles axuden a xestionar o uso que os rapaces e rapazas fan das pantallas; máis necesarios ca nunca nestas longas semáns de confinamento.

Estas pautas recóllense nun decálogo que xa está colgado nas nosas redes sociais ( Facebook, Instragam), e ó cal podedes acceder pinchando tamén na ligazón desta nova.

Queremos remarcar ademais que esta situación rematará e o que dela aprendamos quedará para sempre.