Curso mediadores/as xuvenís en prevención de drogodependencias
16/04/2014
A Asociación Renacer organiza o Curso de mediadores/as xuvenís en prevención de drogodependencias o vindeiro mes de xuño. O obxectivo do mesmo é promover a adopción e estilos de vida saudables e de ocupación do tempo libre entre os/as adolescentes e mozos/as de Riveira, a través da implicación e participación da poboación xuvenil nas actividades de ocio xuvenil.
O curso está dirixido a todas aquelas persoas maiores de idade (de 18 a 29 anos) con especial interese en traballar no eido das drogas e/ou que colaboren con entidades sociais, culturais (educadores/as sociais, traballadoras/es sociais, pedagogas/os, psicólogos/as, sociólogos/as, e estudantes en xeral).
Os contidos a traballar agrúpanse en cinco grandes áreas temáticas:
- Conceptos básicos en drogodependencias
- Prevención de drogodependencias
- O mediador/a xuvenil
- O tempo libre
- Planificación acción preventiva
A duración do curso é de 30 horas: 20 horas de contido teórico-práctico e 10 horas de deseño e aplicación de actividades. A parte teórico-práctica consta de 4 sesións de cinco horas en horario e mañá. Estas sesións realizáranse os sábados, a partires do 14 de xuño ata o 5 de xullo, ambos inclusive.
En canto a parte de deseño e aplicación de actividades será máis flexible, en función da dispoñibilidade dos destinatarios/as e dos recursos e a infraestrutura necesaria. Para a realización desta parte será necesario presentar un proxecto que contemple os obxectivos, actividades, temporalización e avaliación das intervencións a realizar.
Para inscribirse deberán remitir a folla de inscrición a través do correo electrónico, ordinario ou entregala no local social da entidade. Posteriormente , as persoas responsables poranse en contacto para a realización dunha breve entrevista previa ó inicio do curso.
O curso é totalmente gratuíto e ó remate entregarase un certificado de asistencia.