Crece a precocidade dos xóvenes no consumo de alcohol e outras drogas.

Xóvenes bebendo

09/04/2015

A idade de inicio dos mozos/as galegos que consumiron cocaína descendeu ata os 14,9 anos de idade.

O coordinador do informe da USC Antonio Rial Boubeta considera que “os pais deben retomar estratexias para saber con quen están os nosos fillos/as e á que hora chegan á casa”.

E nos engadiriamos ademais de todo o anterior en que estado chegan?.

Os xóvenes galegos consumen menos alcohol e drogas, pero os que o fan inícianse a idades cada vez máis temperáns. Esta é a principal conclusión do estudio elaborado pola Universidade de Santiago que se presentou na sede do Valedor do Pobo, que colaborou nese traballo.

O informe revela que catro de cada dez adolescentes de 14 a 18 años consumiron alcohol no último mes antes de ser enquisados.

O dato constata una caída significativa respecto ó 2012, cando a enquisa Estudes situou no 74% a proporción dos xóvenes galegos desas idades que aseguraba haber inxerido bebidas alcohólicas no último mes.

O estudio presentado, recolle os datos recollidos entre 3.055 adolescentes de 31 centros educativos, tamén subliña que caen as porcentaxes dos que din haberse emborrachado no último mes e dos que consumiron tabaco ou cannabis.

Pero o estudio aporta outros datos reveladores, en canto á idade de inicio dos adolescentes galegos no alcohol, tabaco e os estupefacientes. Os indicadores son inquietantes, porque aumenta la precocidade. A do consumo de bebidas alcohólicas sitúase en 13,6 años (no 2012 eran 13,9), e a do tabaco, en 13,7 (13,6 no 2012). Máis preocupante aínda é o descenso da idade media na que os adolescentes galegos proban as drogas por vez primeira.

No cannabis é aos 14,8 años, na cocaína aos 14,9; no éxtases, anfetaminas ou alucinóxenos, aos 15,1.

O estudio tamén revela que o consumo de alcohol é maior cando os pais beben, que un de cada catro adolescentes viaxaron no último ano nun coche cun condutor ebrio, que 6.000 practicaron sexo sen protección tras beber alcohol e que, aínda que baixa a participación nos botellóns, os patróns de consumo son claramente nocivos.

Fonte: A Voz de Galicia