CONSUMO DE PORNOGRAFÍA NA ADOLESCENCIA
24/04/2024
As persoas expertas conclúen que o consumo de pornografía na adolescencia interfire no desenvolvemento emocional, social e afectivo da xuventude e implica un maior risco de desadaptación sexual e expresión de condutas violentas de cara a muller.
O consumo de pornografía está aumentando de xeito alarmante entre a adolescencia e preadolescencia nos últimos anos, producíndose cada vez a idades máis temperás; estudos recentes indican que a idade media de inicio no consumo de pornografía en España é de 11 anos.
Coa expansión de internet a pornografía é moito máis accesible, atopar material explícito nas redes resulta máis doado do que poida parecer, neste sentido non se pode pasar por alto que a etapa da adolescencia é máis vulnerable e polo tanto o impacto do contido pornográfico resulta máis prexudicial.
A OMS (Organización Mundial da Saúde) establece que a adolescencia fai referencia ó periodo de idade comprendido entre os 10 e 19 anos, tendo en conta esta definición, en España o 93% dos rapaces e o 62% das rapazas consumiron pornografía nesta etapa da súas vidas. O emprego de material de contido pornográfico nesta etapa da vida ten consecuencias importantes, tanto para a persoa usuaria como para as demais persoas, algunhas das principais consecuencias son:
- desadaptación sexual na idade adulta
- violencia de xénero cara o sexo feminino
- conduta machista
- baixa autoestima
- déficits nas habilidades sociais
- introversión
- illamento
- acoso virtual
Ademais, tamén se observa un incremento da necesidade de aprobación externa, o que xera un maior medo ó rexeitamento; sen embargo, o aspecto máis destacable é que aproximadamente o 80% da xuventude que consume pornografía teñen un comportamento de acoso e agresivo nas súas relacións.
FONTE: Observatorio sobre Violencia de Xénero