Consumo de drogas e problemas relacionados cas drogas
11/06/2015
O Informe Europeo sobre Drogas publicado recentemente, amosámonos que na actualidade os mercados europeos de droga seguen a cambiar e atópanse en rápida evolución (no 2.014 por exemplo encontráronse máis de cen novas sustancias psicotrópicas).
Tódolos datos que se recollen neste informe baséanse na información facilitada polo Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías, e nós queremos facervos chegar un pequeno resumo dalgunhas das cousas máis destacadas.
No mercado das drogas cada vez resulta máis difícil definila fronteira entre as "vellas" e as "novas" drogas, xa que estas últimas imitan, cada vez máis distintos tipos de sustancias xa establecidas.
O que si amosan os novos datos é un aumento na incidencia de:
- Consumo de cannabis a idades cada vez máis temperáns; así mesmo un importante crecemento do cannabis nos sistemas de tratamento das drogodependencias.
- Cambios no mercado europeo de heroína, os últimos datos seguen amosando unha redución na demanda de tratamento e nos danos relacionados ca heroína, pero hai datos indicadores do mercado que son preocupantes , como o feito do aumento de opio en Afganistán ( o pais que suministra a maior parte da heroína consumida a Europa). Polo que é moi posible que se produza un efecto dominó.
- A combinación de condutas de risco nas prácticas sexuais e no consumo de drogas, segue constituíndo unha cuestión cada vez máis preocupante. Así as prácticas que implican a administración por vía parenteral de metanfetaminas , catinonas (estimulantes) e outras sustancias en festas de sexo e drogas teñen graves e serias consecuencias para a transmisión de VIH.
- Internet e aplicacións, coa aparición de mercados de drogas virtuais. Internet tamén foi un motor importante para o desarrollo de mercado de novas sustancias psicotrópicas, tanto de forma directa (cibertendas) como indirecta ao facilitar aos produtores o aceso a datos farmacéuticos.
- O número de novas sustancias psicotrópicas identificadas no mercado da droga segue en aumento. No 2.014 detectáronse 101 novas sustancias psicotrópicas e a maioría sobre todo cannabinoides, estimulantes, alucinóxenos e opioides sintéticos imitan a sustancias xa establecidas.
A pesares das melloras na supervisión dos danos graves relacionados cas drogas, hai certa limitación que impide abarcar tódalas consecuencias relacionadas coa saúde pública.
FONTE: Informe Europeo sobre Drogas, 2.015