CONSUMO DE ALCOHOL EN XÓVENES ASOCIASE Ó ENVELLECEMENTO DOS VASOS SANGUÍNEOS

Alcohol xuventude

24/08/2021

O consumo de alcohol durante a adolescencia e xuventude  asociase coa aceleración e rixidez arterial, un precursor da enfermidade cardiovascular, según conclúe un estudo presentado no Congreso da Sociedade Europea de Cardioloxía ESC 2021.

Houbo diversas probas que demostran a existencia dun aumento gradual co uso máis intenso de alcohol, o que significa que canto máis se bebe maior é o aumento da rixidez arterial. Dita relación non se explica por outros factores que poidan predispoñer á enfermidade cardíaca, o que suxire que o comportamento de risco durante este periodo ten un efecto directo sobre a saúde vascular.

 

A medida que as persoas envellecen, as súas arterias vólvense máis ríxidas e menos elásticas. Unhas arterias máis ríxidas asocianse a un maior risco de caradiopatía e ictus. Algúns comportamentos poden acelerar o endurecemento arterial; isto apoia os resultados de investigacións anteriores, que demostraron que fumar tabaco e beber alcohol están directamente relacionados con este endurecemento das arterias na adolescencia.

Posto que a xuventude é un periodo crítico para o inicio e o consumo intensivo de tabaco e alcohol, este estudo centrouse nos cambios nesa rixidez arterial entre os 17 e 24 anos e a relación que que garda con estes hábitos de consumo de substancias. Os resultados amosaron que a rixidez arterial aumentou unha media do 10,3% entre os 17 e 24 anos, cun aumento lixeiramente superior nas mulleres. A rixidez arterial aumentou con cada punto de aumento na puntuación media do alcohol.

A poboación xoven pode crer que beber e fumar non causa danos a longo prazo, sen embargo, os resultados deste estudo indican que estes hábitos de consumo pode situar á poboación xuvenil nunha traxectoria vital que comeza cun endurecemento arterial temperá, que pode desencadear en diversas enfermidades cardíacas e ictus.

FONTE DE INFORMACIÓN: Infosalus.