CONSUMO DE ALCOHOL EN MENORES: SITUACIÓN ACTUAL

Adolescentes e alcohol

09/05/2022

Dende unha visión de Saúde Pública, o consumo de alcohol é un dos principais factores de risco de enfermidade en España, e pode desencadear nunha dependencia.

As bebidas alcohólicas están presentes na nosa cultura, sendo o seu consumo moi normalizado en diversas ciscunstancias. Algunhas persoas non sofren efectos negativos deste consumo, pero hai outras que desarrollan diversos problemas. O consumo desta substancia é especialmente prexudicial para o desarrollo das persoas menores de idade, a pesares de que a proporción de adolescentes que manifestan haber bebido rexistra unha evolución descendente, aprécianse cambios nos hábitos de ocio dos menores, que inflúen no seu patrón de consumo. De feito, moitos grupos asocian o ocio en xeral e o nocturno en particular ó consumo de bebidas alcohólicas.

Os datos da Enquisa Estatal sobre o Uso de Drogas en Ensinanzas Secundarias en España (ESTUDES), amosan que o alcohol é a substancia psicoactiva de maior consumo entre estudantes de 14 a 18 anos. No ano 2019, o 77,9% afirma que consomeu alcohol algunha vez na súa vida, o 75,9% no último ano, e o 58,5% no último mes. Preocupa a precocidade no inicio do consumo de alcohol, pero tamén as cantidades inxeridas por algúns menores, sobre tdo os fins de semana, nun entorno que propicia o consumo intensivo de bebidas de alta gradación no que participan máis da metade dos estudantes de 14 a 18 anos de idade.

Aínda que España se caraterizaba por patróns de consumo diario, xeralmente en doses baixas, actualmente o 44% da adolescencia manifesta que se emborrachou polo menos unha vez no último ano, reflexando estes datos un novo patrón con presenza habitual de episodios de consumo intensivo.

Estes datos poñen de manifesto unha percepción xeralizada de que o alcohol é un producto de baixo risco, moi accesible e cun uso normalizado. Consumir alcohol non é só unha decisión individual, posto que tamén está influenciado por determinantes sociais, aspectos do entorno, promoción de productos, baixo prezo, modo de relación social. De aí, a importancia e conveniencia de desarrollar políticas públicas que favorezan entornos onde se promovan decisións saúdables.

FONTE: III Congreso Internacional de Socidrogalcohol.