COMO AXUDAR A UNHA PERSOA CON PROBLEMAS DE ALCOHOL

Problemas co alcohol

27/07/2020

Axudar a unha persoa que padece o Síndrome de dependencia alcohólica é unha tarefa complicada; na maior parte dos casos son os familiares máis cercanos os que precisan de coidados e atención psicolóxica que lles axude a entender o que está a suceder e a sobrelevar do mellor xeito posible a dependencia dese membro da familia.

Lembremos que aínda que é unha persoa a que está abusando da substancia esta dependencia atrapa a todo o grupo familiar, debido ás directas consecuencias psicolóxicas sobre todos eles/as.

O  uso do alcohol, como todos e todas sabemos, está moi normalizado na nosa sociedade, de feito case non hai encontros, comidas, ceas ou banquetes nos que esta substancia non faga presenza. Ademais case sempre se asocia con momentos felices e de desconexión e isto supón un impedimento á hora de entender os problemas que pode acarrexar.

A todo isto engádese o feito de que soe ser moi difícil ver esa fina liña que separa á persoa con dependencia alcohólica daquela que aínda non a  ten adquirida.

A meirande parte da poboación considera que "alcohólico/a" é a típica persoa maior que está todo o día no bar bebendo e coa súa vida totalmente desestructurada. Sen embargo, hai diferentes tipos de alcoholismo; e non é preciso estar sempre (tódolos días) bébedo para ter unha dependencia alcohólica. De feito, moitos dos enfermos/as alcohólicos non se embriagan nin se senten mareados, xa que o seu nivel de tolerancia ante a substancia é moi elevado e precisan consumir grandes cantidades para que se noten fisicamente alterados. Un exemplo que ilustra o anterior pode ser o caso dunha persoa que xa de mañanciña toma alcohol co almorzo, a media mañá unha cervexa, logo vermut o cervexa de novo, coa comida unha ou varias copas de viño e logo pola tarde/noite unhas cervexas e ou copas para rematalo día. Cabe a posibilidade que esa persoa debido a unha alta tolerancia adquirida á substancia non se note mareada; pero se facemos o cómputo xeral, consumeu máis UBES (Unidades de Bebida Estándar) das recomendadas.

A clave está na dependencia, se precisa do alcohol para facer algo, e o feito de que o seu consumo remate sempre nun descontrol. Esa perda de control sobre a conducta do consumo é un claro indicador da existencia dunha dependencia. Aínda que a persoa dependente por si soa, na meirande parte dos casos, non é consciente do problema.

 ENTÓN....COMO PODEMOS AXUDAR?

  • En primeiro lugar, axudarlle a tomar conciencia do problema, xa que é moi importante que entenda que depende dunha substancia. Propoñerlle cada vez que queira consumir, que o substitúa por outra bebida sen alcohol.

  • Amosarlle o voso apoio e comprensión falándolle de como vos sentides ante a situación, explicándolle que estades preocupados/as pola situación que está xerando o seu consumo. Evitar sempre as acusacións e xuizos, xa que éstes o único que farán é provocar discusións.

  • Intentar falar de cales son os súas emocións e sentimentos cada vez que consome e o porque acode á substancia. Moitas persoas beben para non afrontar os problemas, outras fanno porque cren que beber lles axudará a esquecer (cando non é certo), outras beben porque non saben xestionar as súas emocións e co alcohol séntense liberadas ou ben porque non se aceptan a si mesmas e coa substancia conseguen desinhibirse. En todo caso, axudarlle a descifrar e entender o sentido que ten o alcohol na súa vida serviralle para ter claras moitas cousas no proceso da rehabilitación.

  • Alimentar a vosa relación, nestes intres a relación case sempre está debilitada ou xa deteriorada. Para tratar de mellorala podedes intentar pasar máis tempo xuntos, tempo de calidade tentando facer cousas en común e coidándovos mutuamente.

  • Coida de TI. Está ben que coides ó/á enfermo pero non te esquezas de ti. Segue facendo cousas que te fagan sentir ben e coida a túa individualidade, queda co teu grupo de amizades e familiares e fala con eles acerca de como te sentes. Lembra que se ti non estás ben, non estarás en condicións de poder axudar.