Como actuar con adolescentes con adicción ao computador
19/09/2012
Todos os/as adolescentes dominan o manexo dos seus perfís en tuenti, o chat, ou facebook pero... cando se debe acender en casa a luz vermella?, cando tempo en liña é demasiado?. O psicólogo clínico infantil Sergi Banús aclara que os pais e nais deben preocuparse cando o neno/a pasa demasiadas horas sen saír do seu cuarto, e de súpeto se desinteresa por saír ao exterior a realizar outras actividades, ben sexa acudir ás clases de inglés, de fútbol ou de judo... “Estes rapaces/as perden a coordinación entre o mundo virtual e o físico. Créanse un perfil falso na rede que adoita ser moito mellor do que eles son en realidade, e xa non lles interesa mostrarse tal e como son. Vólvense fríos/as, distantes... e é que a súa mente está alterada. É entón cando hai que actuar, e canto antes, mellor”, explica.
Perfil do mozo/a
Como actuar?: Primeiro detectar o nivel de gravidade o asunto. Aínda que a intervención, prosegue Banús, “é sempre a mesma”. Se está nos inicios, os pais e nais teñen que empezar por regular os tempos en internet. “Que a navegación non sexa “barra libre”. O uso do computador pódese condicionar, por exemplo, a que fixese os deberes, ou participase nos labores do fogar”. Se o neno/a cruzou o limiar da adicción, e négase a saír do seu cuarto, chegando a estar doce horas conectado, entón a familia terá que acudir indefectiblemente a un/ha especialista, ou de axudas sociais.
Fonte: As drogas info