COMEZO DO PROGRAMA APRENDENDO A SER
03/10/2023
A Asociación Renacer ó longo deste curso escolar vai desenvolver o programa “Aprendendo a crecer": Adestramento en habilidades para a vida e promoción da saúde”, co alumnado de Secundaria dos centro dos concellos de Ribeira e Boiro.
Debido a que a franxa de idade situada entre os 12 e os 17 anos xoga un importante papel na construción da personalidade, e nesta etapa as relacións cos grupos de iguais cobran unha especial relevancia, é cando en moitas ocasións se reduce a capacidade para valorar os riscos das condutas, e se buscan con maior intensidade actividades excitantes para sentir pracer e identificarse co grupo de referencia.
Para potenciar os factores de protección créase este programa coa pretensión de fomentar o desenvolvemento das competencias persoais, emocionais e sociais pois está demostrado que, mellorar este tipo de competencias nestas idades contribúe a impedir, reducir ou retrasar o inicio de condutas de risco, entre elas o desenvolvemento de determinadas adiccións.
Nesta edición, correspondente ó curso 23-24, profundaranse os contidos traballados co alumnado no último ciclo de Primaria, especialmente o adestramento de habilidades para a vida e a xestión emocional e de xeito complementario traballaranse, as seguintes temáticas nos distintos cursos:
Autoconcepto e control emocional: Autoestima, imaxe corporal, conciencia emocional, expresión das emocións, , autorregulación, manexo da ira, relaxación.
Habilidades de interacción social e solución de problemas: Empatía, asunción de responsabilidades, comunicación, asertividade, presión grupal, rexeite de peticións, toma de decisións, resolución de conflitos.
TRICs (Tecnoloxías da relación, información e comunicación), co alumnado de 1º da ESO: Uso responsable, uso / abuso, riscos, exposición persoal, Ciberbullying, groming, sexting, seguridade nas redes.
Adiccións con/sen substancia, co alumnado de 2º da ESO: Tabaco, alcohol e cannabis: efectos e riscos dos consumos, mitos acerca das substancias e os seus efectos; xogo, apostas deportivas, redes..; bebidas “enerxéticas”: efectos e riscos.
Relacións afectivo sexuais, co alumnado de 3º da ESO: Desexo, pracer e relacións, orientación e identidade sexual, violencia de xénero, sexo seguro: métodos anticonceptivos; riscos: embarazo non desexado, ITS e VIH-SIDA.
O circuíto cerebral das adiccións, co alumnado de 4º da ESO: Substancias: estimulantes, depresoras e perturbadoras; adiccións sen substancia, efectos, riscos e mitos; submisión química e agresións sexuais.
O programa desenvolverase por grupos e aulas ao longo de tres sesións de 100 minutos cada unha, nas dúas primeiras abordaranse as temáticas da xestión emocional e habilidades para a vida e a última sesión será de temática máis específica dependendo do curso no que se traballe.