Comeza a campaña Tolerancia Cero

Coches na estrada

10/07/2012

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) porá en marcha entre o 9 e o 15 de xullo unha campaña especial de intensificación de controis de drogas e alcol durante a condución, segundo informou tráfico. Con esta campaña iníciase a estratexia de "Tolerancia Cero" coa que o Ministerio de Interior pretende reducir o número de condutores/as que consomen drogas e ponse ao volante.

Até agora, a DXT practicara algúns controis de drogas aos condutores/as como parte dun estudo europeo para determinar a proporción de condutores/as que consomen baixo os efectos de sustancias psicoactivas nos países da Unión Europea. Con todo, este tipo de probas non se realizaba de maneira xeral, como ocorre no caso do alcol, debido en parte ao custoso da proba (uns 60 céntimos, o test máis barato).

Agora, a intención de Tráfico é realizar os controis de drogas de "unha maneira moito máis exhaustiva e frecuente" co obxectivo de concienciar aos condutores/as de que conducir tras o consumo de drogas non só afecta as capacidades do condutor/a senón que incrementa entre dous e sete veces a probabilidade de provocar ou sufrir un accidente respecto de quen non consomen ningunha sustancia, segundo explicou a mediados de xuño a directora de Tráfico, María Seguín, na presentación da nova estratexia.

Para iso, a DXT contará cun orzamento para este ano dun millón de euros, a maior partida dos novos proxectos da DXT este 2012. Seguín non quixo desvelar en cantos controis traduciranse ese orzamento, aínda que sinalou que en calquera caso será "moitos" e cifrounos en "miles".

O problema dos condutores/as que se pon ao volante despois de consumir algunha droga é especialmente preocupante en España. De feito, España é un dos primeiros consumidores de cocaína e de cannabis do mundo co 4 por cento e 10 por cento respectivamente de prevalencia de consumo entre a poboación en xeral.

Segundo os datos que baralla a DXT, obtidos mediante controis aleatorios, o 19,4 por cento dos condutores/as circulaban tras consumir algunha droga. Ademais, nos últimos anos creceu o número de vítimas mortais en accidentes que deron positivo a algunha sustancia psicoactiva cando se lles realizou unha proba forense.

Así, case a metade (un 45 por cento) dos condutores/as que morreron nun accidente de tráfico na estrada o ano pasado consumiran alcol, drogas ou psicofármacos, segundo estimacións incluídas na última Memoria do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses, baseado nunha mostra de 969 vítimas mortais (algo menos da metade dos falecidos/as en accidentes se se teñen en conta os mortos/as 30 días despois do sinistro e en vías urbanas).

Dos casos que deron positivo, o 77,78 por cento inxerira alcol, o 37,54 por cento detectóuselle algún tipo de droga e un 21,20 por cento consumira psicofármacos. A sustancia máis común foi a cocaína (implicado no 54,72 por cento dos casos), seguida do cannabis (no 47,17 por cento) e anfetaminas e drogas relacionadas (9,43%). En comparación con anos anteriores, aumentou tanto o consumo de psicofármacos, como o de drogas e o de alcol nos condutores/as.

Que pasa se lle paran nun control?

A partir da semana que vén, os/as axentes da autoridade poderán, por tanto, parar aos condutores/as de maneira xeneralizada para realizar este tipo de controis de drogas. Nese caso, os condutores/as serán sometidos/as primeiro a unha proba de alcoholemia e, no caso de que dean negativo, practicaráselles un test indiciario de recollida de saliva para valorar se consumiron drogas.

No caso de que este primeiro test de drogas dea negativo, o condutor/a poderá continuar a súa viaxe, pero se dá positivo, non poderá seguir conducindo e terá que someterse a outro test que será enviado a un laboratorio, onde finalmente certificarase o positivo e do que sairá a sanción administrativa. Conducir drogado/a está tipificado como infracción moi grave e castigado cunha multa de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

Poderán ir pola vía penal

Adicionalmente, se os/as axentes que realizan a proba determinan que o condutor/a presenta unha "sintomatoloxía evidente" de conducir drogado/a, poderá ser sancionado pola vía Código Penal. Para iso, os/as axentes -xa sexan da Garda Civil de Tráfico, Policía Local, etc … - valorarán o estado en que se atopa o condutor/a de acordo a un protocolo de 10 variables.

É dicir, a diferenza do que ocorre coas probas de alcoholemia, que ao superar unha determinado taxa de alcoholemia (0,60 mgr/l aire expirado) o condutor/a vai directamente pola vía penal, neste caso serán os/as axentes os que determinarán se o condutor/a debe recibir unha sanción administrativa ou ser levado ante un xuíz/a.

O Código Penal, no seu artigo 379.2, establece para o delito de conducir drogado/a penas de prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou ben a de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e en calquera caso coa privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un ano e até catro anos.

Como ocorre agora co alcol, os condutores/as non poderán negarse a someterse á proba, aínda que poderán pedir, unha vez que se lles realizou a proba da saliva na estrada e desen positivo, unha segunda proba, mediante extracción de sangue nun hospital, para contrastar a proba de saliva.

FONTE: As drogas info