Colabora connosco: Faite socio/a

Cartel da campaña

05/10/2011

Que significa vivir en sociedade e, por tanto, que é ser “socio”?: é vivir cos outros, é “con-vivir”: sen o “outro” non somos ninguén.

Por iso existe o que se denomina a sociedade civil, porque necesitamos da cooperación para solventar aquelas carencias ás que o estado non pode chegar: “co-operar” é actuar cos demais, é o máis oposto ao egoísmo, porque significa pór os intereses dos demais, de todos, da comunidade, ao mesmo nivel que os propios.

Parafraseando a Kennedy: "Non te preguntes que pode facer a túa comunidade por ti, senón que podes facer ti pola túa comunidade".

Por iso é necesario ”co-laborar”, traballar con outros. Como pode un ser feliz se non ve felicidade ao seu redor?. Como pode un vivir esquecendo a desgraza allea?. Como pode un ser humano se tolera a desdicha do “próximo”, daquel que se ten tan “próximo”, tan preto?. Seica non somos máis felices dando que recibindo?.

A dignidade esencial da persoa; o que nos fai humanos é a axuda desinteresada.

Que podemos dar?: tempo, e se non dunha maneira directa si indirecta traducíndoo nunha achega económica que manteña os programas iniciados e que se é posible, e oxalá o fose, permita incrementalos ou crear outros novos.

A axuda desinteresada é síntoma dunha sociedade saudable: cando máis evolucionada está a nivel cultural, maior é a cooperación dos cidadáns no desenvolvemento e mantemento de programas e asociacións que aspiran a mellorar as condicións de vida de todas as persoas.

As sociedades felices non son as máis opulentas senón aquelas en a que a riqueza está mellor repartida, e ser rico non é ter moito, senón necesitar menos.

Como podo colaborar?

Cubrindo na nosa web o formulario ou descargalo enviándonolo por correo electrónico, correo postal ou acercándote ó noso local social.

Para calquera aclaración non dubides en poñerte en contacto connosco.