Que o xogo non che coma o coco

Cartel Xogo

07/06/2019

No transcurso da charla que tivemos onte, baixo o título "Menores: dos videoxogos ás apostas", presentamos a nova campaña de prevención do xogo patolóxico co lema " QUE O XOGO NON CHE COMA O COCO"

Dita campaña consta duns carteis e uns dípticos, os carteis coa mensaxe "Tod@s contra o xogo patolóxico" pretenden reflexar a necesidade da posta en marcha dunhas accións preventivas neste eido, accións consensuadas e comunitarias para acadar con elas unha maior eficacia no labor da prevención.

En canto ós dípticos, con eles intentamos amosar unha distinción entre xogo responsable, conductas de risco e xogo patolóxico; lembremos unha vez máis que non debemos agardar a que apareza a patoloxía e actuar xa dende as conductas de risco.

Asemade, creouse un cartel para o eido da hostalaría no cal se transmite o apoio que dende ese sector van a proporcionar na acción preventiva, a mensaxe  deste cartel é " Aquí NON apostan menores", uníndose deste xeito a este labor que entre todos como comunidade, intentaremos levar a cabo.