Cinensino 2009-2010

10º Aniversario de Cinensino

28/10/2009

Dentro das actividades encamiñadas á prevención de drogodependencias no ámbito educativo, que se realizan dende a Asociación Renacer, un ano máis ponse en marcha o programa CINENSINO.

O programa está destinado ós alumnos/as 1º de ESO e ten como finalidade formalos en valores, actitudes e habilidades sociais, que actúen como factores de protección fronte o consumo de drogas.

O programa de prevención de drogodependencias CINENSINO englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. Para iso o programa debe ser asumido polo centro educativo ao que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo propio profesorado.

Este programa utiliza como soporte base o cinema; mediante a proxección de tres películas irase profundando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.

O programa consta dun curso de formación en drogodependencias para o profesorado, a proxección de tres películas en formato 35 mm e de tres módulos principais ou unidades didácticas para traballar cos alumnos secuenciadas en catro sesións por unidade. Cada sesión consta dunha serie de explicacións dirixidas polo profesor/a que permiten definir e orientar os contidos sobre os que se vai traballar e dunha serie de exercicios e de actividades que faciliten a reflexión e a participación dos alumnos/as.

DataPelículaLugar de proxecciónHorario sesións
Luns 23 de Novembro de 2009City of ember, en busca de la luzAuditorio Municipal Riveira

11:30 AM

15:45 PM

Martes 2 de Marzo de 2010El hijo de RambowAuditorio Municipal de Riveira

11:30 AM

15:45 PM

Venres 7 de Maio de 2010Pequeños invasoresAuditorio Municipal de Riveira

11:30 AM

15:45 PM

Fonte: Asociación Renacer