A Asociación Renacer celebrará o vindeiro 28 de novembro a Cea Benéfica con motivo do Día Mundial da SIDA.
13/11/2009
Como cada ano, dende o 2001, vense celebrando este acto, co pretendemos concienciar á poboación do noso municipio da importancia da prevención e axuntar esforzos na loita contra a SIDA. Xa non é un problema duns poucos/as, concírnenos por igual, homes e mulleres de calquera raza, crenza, preparación ou clase social. É unha epidemia que avanza sobre o planeta. Só lograremos combater o VIH aceptando que este vive entre nós, falando e buscando información, xa que a nosa única aliada na batalla contra esta epidemia é a prevención.
Asómesmo, tamén está no noso ánimo recadar fondos que nos permitan continuar co desenvolvemento das distintas actividades que levamos a cabo con diferentes colectivos, nas que a través da información e a formación tentamos promover un cambio de actitudes e intervir noutros factores que inflúen no comportamento e que poidan contribuír á transmisión do VIH.
A cea terá lugar no Restaurante Baiuca sito no lugar de Goda en Artes, as nove e media da noite. Durante a mesma celebrarase un sorteo no que se rifarán obxectos e lotes de produtos doados por establecementos comerciais.
Invitamos á poboación a participar neste acto e a colaborar connosco. Para elo, os/as que o desexen poden mercar unha entrada para asistir, facerse con algunha das rifas que dende hai uns días están xa a venda ou ben, si se trata dun comercio doar algún articulo para o sorteo.
Agradecemos de antemán todo o apoio e colaboración que nos poidan prestar.
NOTA: O prezo de das rifas é 1 € e o das entradas de 35 € por persoa. Estas pódense mercar na Farmacia Sanmamed, no local da Asociación ou facer un ingreso na Cta. Caixa Galicia:2091-0385-52-3040001082. Ref. Cea Benéfica. E para doazóns pódense poñer en contacto connosco ou ben, chamando o 981 87 40 86 ou acercándose o local social, en horario de 9 a 14:00 horas.