Cea benéfica: agracedementos
04/11/2011
A directiva da Asociación Antidroga Renacer agradece a resposta social solidaria mostrada por todas aquelas persoas e entidades como Ambar, Amicos, Cruz Vermella, Cáritas, Unicef, Mans Unidas, Naútico, Fundación Galega contra o Narcotráfico e demais colectivos sociais, que acudiron á cea benéfica celebrada o pasado venres 28 de outubro, así como a todos aqueles/as, que ao non poder asistir, contribuíron coas súas achegas á Fila Cero.
Tamén quere mostrar un especial agradecemento ao concello de Riveira, ás empresas Frinsa e Congalsa polas súas xenerosas contribucións, e demais establecementos que doaron diversos obxectos para o sorteo: A Voz de Galicia, Conserveira de Rianxo, Artigos de Fogar Marita, Design&Art, Librarías Mirás, Covering, Ferraxaría Mariano, Diverse Sport, Corner, Gena´s, Promogar, Rincón-Benzalá, Cosmos, Greco, Gloss, Fiandeira do Rueiro, Bazar de Oujo, Viaxes Fontao Travel, Vinoteca de Tucho, Maypesol, Destellos, Centro de Benestar Josefa Patiño, Instalacións Rei Laranga, Chinela, Jesús Santiago, Florarías Amigo e Mandrágora, Biohabitat, O Bosco, Martínez Branco, Alalba, Milar, El Rincón del Chocolate; Pastelarías Fina, Maricola e Falcón, Velvet, Fotografía Lesmes, Tricoco, Informática UPI, Makao, Óptica Juan Martínez, Lanas Oliva, Cristalería Otero, Vilar Rei Perruqueiros, Xade, Instalacións Lijó, Haley, Academia Yara, Ambar e as Xoiarías Nespereira, Montero, Lorey, Fina Carabel e Branco.
Estas achegas e as dos socios/as, serán de gran axuda para paliar os recortes, que debido á crise estamos a sufrir por parte da administración, e grazas a elas esperamos seguir mantendo a totalidade dos nosos servizos e programas.