Cea Benéfica

Cartel do evento

09/11/2018

O próximo día un de decembro, as nove e media da noite no restaurante Baiuca, terá lugar a nosa 19ª Cea Benéfica. No transcurso da mesma faremos un recoñecemento público o ex comisario da Policía Nacional, D. José García García, tanto pola súa traxectoria profesional como pola súa implicación persoal, no ámbito das drogodependencias.

A coincidencia da data da cea co Dia Mundial da Sida, fai que a mesma sirva para dar visibilidade e xerar reflexión sobre unha problemática que, lonxe de desaparecer, segue tendo un elevado número de persoas afectadas, ademais de para recadar fondos que permitan poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que a entidade ten en funcionamento.

As entradas pódense mercar no local social da asociación, situado na rúa Agustín Fernández Oujo, 15 A encrechan, na Farmacia Fernández de Sanmamed ou facendo un ingreso na conta que a entidade ten en Abanca (Ref. Cea Benéfica). O prezo do cuberto é de 35 € por persoa.

En caso de non poder asistir, e estar interesado/a en colaborar, pódese facer un ingreso especificando Fila Cero. Tamén se pode colaborar, si se trata dun establecemento comercial, mediante a doazón dalgún produto do mesmo, para o sorteo que terá lugar no transcurso da mesma.