Cea Benéfica

sin-t--tulo_1

04/11/2016

A Asociación Renacer celebrará o vindeiro 26 de novembro a súa tradicional Cea Benéfica. O obxectivo da mesma é é recadar fondos para poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que esta entidade ten en funcionamento posto que, por mor da crise que o noso país vén atravesando nos últimos anos, seguimos sufrindo importantes recortes nas subvencións que percibimos, o que dificulta en gran medida o noso funcionamento.

Desde a constitución no ano 1990, a Asociación Renacer pretendeu manter unha liña innovadora nas súas estratexias e programas, apostando pola prevención e inserción dos riscos das drogas mediante actuacións no ámbito da educación formal e informal en todos os niveis: escola, familia e comunidade.

Consideramos que é preciso pór en práctica valores como a solidariedade e o compromiso social e por iso convidamos á poboación a participar na nosa Cea Benéfica.

A cea terá lugar no Restaurante Baiuca sito no lugar de Goda en Artes, as nove e media da noite o sábado 26 de novembro. Para elo, os/as que o desexen poden adquirir unha entrada no local social da asociación situado na rúa Agustín Fernández Oujo número 15 A, entrechán; na farmacia Fernández de Sanmamed ou facendo un ingreso na conta que a entidade ten en Abanca (Ref. Cea Benéfica). O prezo da mesma é de 35 € por persoa.

Tamén se pode colaborar comprando algunha rifa para o sorteo que se celebrará durante a cea ou, se se trata dun establecemento comercial, doando algún artigo para o sorteo. Para facer unha doazón ou facerse socio poden pórse en contacto connosco chamando ao 981 87 40 86 ou achegándose ao local social, en horario de 9 a 14:00 horas.

Agradecemos de antemán todo o apoio e colaboración que nos poidan prestar.

“Non te preguntes que pode facer a túa comunidade por ti, senón que podes facer ti pola túa comunidade”.