Cea Benéfica
16/11/2012
O vindeiro 24 de novembro terá lugar a Cea Benéfica, que se ven celebrando dende o ano 2001. O obxectivo da mesma é recadar fondos para continuar co desenvolvemento dos programas de prevención e inserción social das drogodependencias, que esta entidade ten en funcionamento dende hai mais de vinte anos.
Nunha época de crise coma a que estamos vivindo, na que a administración vese obrigada a realizar continuos recortes, é mais importante ca nunca poñer en práctica valores coma a solidariedade e o compromiso social.
Invitamos á poboación a participar neste acto e a colaborar connosco. Para elo, os/as que o desexen poden mercar unha entrada para asistir o acto, facerse con algunha das rifas que dende hai uns días están xa a venda ou ben, si se trata dun comercio doar algún articulo para o sorteo.
A cea terá lugar no Restaurante Baiuca sito no lugar de Goda en Artes, as nove e media da noite. Durante a mesma celebrarase un sorteo no que se rifarán obxectos e lotes de produtos doados por establecementos comerciais.
Agradecemos de antemán todo o apoio e colaboración que nos poidan prestar.
NOTAS:
- O prezo de das rifas é 1 € e venderánse na rúa e durante a Cea.
- As poderánse adquirir na Farmacia Sanmamed, no local da Asociación ou facer un ingreso na Cta. Nova Caixa Galicia:2080-0385-92-3040001082. Ref. Cea Benéfica. O prezo das mesmas é de 35€ por persoa.
- Para doazóns pódense poñer en contacto connosco chamando o 981 87 40 86 ou acercándose o local social, en horario de 9 a 14:00 horas.
“Non te preguntes que pode facer a túa comunidade por ti, senón que podes facer ti pola túa comunidade”.
Vivimos en sociedade, o que significa é vivir cos outros, é “con-vivir”: sen o “outro” non somos ninguén. Por iso existe o que se denomina a sociedade civil, porque necesitamos da cooperación para solventar aquelas carencias ás que o estado non pode chegar: “cooperar” é actuar cos demais, é o máis oposto ao egoísmo, porque significa pór os intereses dos demais, de todos, da comunidade, ao mesmo nivel que os propios.
Por iso é necesario ”colaborar”, traballar con outros. Como pode un ser feliz se non ve felicidade á súa ao redor; Como pode un vivir esquecendo a desgraza allea?; Como pode un ser humano se tolera a desdicha do “próximo”, daquel que se ten tan “próximo”, tan cerca?; Seica non somos máis felices dando que recibindo?.
A dignidade esencial da persoa; o que nos fai humanos é a axuda desinteresada.
Que podemos dar?: tempo, e se non dunha maneira directa si indirecta traducíndoo nunha achega económica que manteña os servizos en funcionamento e que se é posible, e oxalá o fose, permita incrementalos ou crear novos.
A axuda desinteresada é síntoma dunha sociedade sa: cando máis evolucionada está a nivel cultural, maior é a cooperación dos cidadáns no desenvolvemento e mantemento de programas e asociacións que aspiran a mellorar as condicións de vida de todas as persoas. As sociedades felices non son as máis opulentas senón aquelas en a que a riqueza está mellor repartida, e ser rico non é ter moito, senón necesitar menos.